NovasIr a esta sección

O Alcalde desprázase ata o Centro da ESO para supervisar as obras de conservación executadas polo Concello en colaboración co centro durante este verán
Data de publicación: 22 de setembro de 2020

UN DÍA ANTES DE QUE SE INICIEN AS CLASES DA ESO, O ALCALDE DA CAÑIZA, LUIS PIÑA, DESPRÁZASE ATA ESTAS INSTALACIÓNS PARA REVISAR AS OBRAS DE CONSERVACIÓN REALIZADAS POLO CONCELLO EN COLABORACIÓN CO CENTRO DURANTE ESTE VERÁN.

ADEMÁIS O CONCELLO ESTÁ PREPARADO PARA AFRONTAR A LIMPEZA EN TODAS AS INSTALACIÓNS DO CPI (INFANTIL, PRIMARIA E ESO). REFÓRZASE A LIMPEZA DIARIA HABITUAL, QUE SE DESENVOLVE AO REMATE DAS CLASES, CUNHA SEGUNDA LIMPEZA COMPLEMENTARIA NAS ZONAS COMÚNS E DÚAS LIMPEZAS DOS ASEOS.

CON ESTE REFORZO CUMPRIMOS CO PROTOCOLO DE LIMPEZA PARA GARANTIR AS MEDIDAS HIXIÉNICO SANITARIAS PARA A PREVENCIÓN DA COVID-19

Entre as obras de mantemento executadas polo Concello  no centro da ESO, destaca o pintado de toda a instalación así como outras obras de conservación que permitirán abrir as aulas con maiores garantías.

O Concello colaborou tamén co centro educativo nas instalacións de Infantil e Primaria, enviando unha plantilla de operarios para o movemento  e reorganización do mobiliario. Nestes traballos tamén foi determinante o esforzo do persoal de conserxería pola súa implicación e dedicación.

Ademáis o Concello,  que ata o momento está xestionando a limpeza en todo o CPI ( o que inclue centro Infantil, Centro de Primaria, Centro de Secundaria e pavillón), está preparado para garantir as medidas hixiénico sanitarias de prevención da COVID-19, reforzando a limpeza habitual que se realiza cada día, despois da finalización das clases, sumando unha segunda  limpeza complementaria en todas as zonas comúns das instalación e dúas limpezas diarias máis dos aseos.

compartir

axenda