NovasIr a esta sección

O Alcalde recibe ás nenas saharauís que pasarán o verán coas familias da nosa Vila
Data de publicación: 23 de xullo de 2018

Dentro do programa “VACACIÓNS EN PAZ 2018”

 

O Concello colabora sufragando parte dos gastos de acollida destas dúas nenas que grazas tamén á solidariedade das nosas familias disfrutarán dos meses de xullo e agosto dunha estancia agradable e culturalmente rica.

 

Vacaciones en Paz  é un proxecto de acollida temporal de nenos e nenas saharauis durante os meses de xullo e agosto, que en Galicia desenvolve Solidariedade Galega co Pobo Saharauí ( SOGAPS), a petición expresa do goberno da República Árabe Saharauí Democrática ( RASD).

Galicia vén participando nesta iniciativa solidaria desde o ano 1991, ofrecendo ás familias saharauís a posibilidade de que as súas fillas e os seus fillos gocen dunha estancia humana, baixo a supervisión e os coidados das familias acolledoras galegas.

 Este programa se leva a cabo grazas á colaboración económica da Xunta de Galicia, e o apoio dos concellos, neste caso do Concello de A Cañiza.

compartir

axenda