NovasIr a esta sección

O Alcalde presenta en FITUR o turismo gastronómico, relixioso e paisaxístico da nosa Vila
Data de publicación: 23 de xaneiro de 2019

Na Feira Internacional de Turismo de Madrid, Miguel Domínguez presentou as fortalezas turísticas da nosa localidade e unha nova edición da súa Feira do Xamón.

Un ano máis o Alcalde da Cañiza presenta na feira de turismo máis importante de España, FITUR 2019, os activos turísticos da nosa localidade: turismo gastronómico, paisaxístico e relixioso e este ano faino da man do Xeodestino CONDADO PARADANTA que se promocionou neste Certame como TURISMO 10.

 

Os alcaldes do Xeodestino # CondadoParadanta, co equipo técnico do GDR Condado Paradanta e acompañados de empresarios de # turismorural, # enoturismo e # turismoactivo presentaron na caseta de Turismo de Galicia os atractivos turísticos deste territorio baixo o lema TURISMO 10.

compartir

axenda