NovasIr a esta sección

O Alcalde presenta o II Plan de Igualdade de Oportunidades
Data de publicación: 21 de febreiro de 2020

 Luis Piña presentou o II Plan de Igualdade aprobado  por unanimidade no Pleno Ordinario celebrado o pasado 28 de novembro. Un plan que ven a sustituir ao I PIOM aprobado hai 15 anos e que é froito da implicación que este Concello ten coa igualdade. 

LUIS PIÑA, PRESENTOU NO CONCELLO O II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE HOMES E MULLERES 2019-2023.

 

  • Acompañado da 1ª Teniente de Alcalde Mª José Rodríguez, da Concelleira de Igualdade Verónica Rodríguez e da Educadora Familiar do Concello Mónica Fernández.

 

O Alcalde da Cañiza, Luis Piña, presentou o II Plan de Igualdade aprobado  por unanimidade no Pleno Ordinario celebrado o pasado 28 de novembro. Un plan que ven a sustituir ao I PIOM aprobado hai 15 anos e que é froito da implicación que este Concello ten coa igualdade. Pretende acadar os seus obxectivos apoiándose en cinco liñas de actuación que servirán de folla de ruta durante estes catro anos.

A Cañiza coeduca; conciliación, corresponsabilidade e mercado laboral; saúde e benestar social; prevención e atención integral da violencia de xénero e sensibilización e concienciación municipal, son os cinco piares sobre os que está baseado este Plan co que A Cañiza tenta dar resposta ao principio de Igualdade de oportunidades e de bo trato entre homes en mulleres.

Será tamén o marco normativo de actuación e a ferramenta mediante a cal se planificarán todas as accións de iniciativa municipal para eliminar as desigualdades por cuestión de xénero dende as áreas de actuación que recolle este documento que poderá consultarse na páxina web do Concello www.caniza.org dentro do espazo de O Recuncho da Igualdade.

O pasado 28 de xaneiro o CPI da Cañiza acolleu unha destas accións municipais, dentro do programa da Deputación Mulleres en Acción: Violencia Zero, na que os moz@s do centro interactuaron coa artista Cris Vilariño, participando na peza “Intermissun”.

 

Nesta mesma liña e neste 2020 o Concello adicou o seu calendario á Igualdade, editando o Calendario 365 días con Violeta  que ven a ser o resultado doutras actividades desenvolvidas neste marco como: mocidade e igualdade cando che digo Non é Non, Cóntallo a Violeta e Debuxa para Violeta. Todas elas dirixidas priorirariamente a poboación adolescente e máis nova co obxectivo de sensibilizar e previr a desigualdade.

compartir

axenda