NovasIr a esta sección

O Alcalde asina un novo Decreto que amplía as medidas adoptadas ata o momento
Data de publicación: 19 de marzo de 2020

Ante a situación de cambio permanente da crise sanitaria xerada por esta pandemia vese necesaria a adopción de novas medidas. Por iso e seguindo a Circular 7/2020 remitida pola Federación Galega de Municipios e Provincias, o Concello da Cañiza crea a Comisión de Coordinación para a Seguridade COVID-19.

Decreto de Alcaldía 2020-0206 do 18/03/2020

considerándose Grupos de Coordinación de Policía Local en materia de Seguridade, co obxectivo de facilitar a cooperación e coordinación operativa das Policías Locais coas Forzas e Corpos de Seguridade que interveñen no termo municipal, asemellándose no seu desenvolvemento ás funcións das Xuntas Locais de Seguridade do Estado.

O funcionamento desta Comisión de Coordinación para a Seguridade COVID-19, na Cañiza está coordinada polo Alcalde, Luis Piña e se reúne unha vez o día como mínimo, emitindo un informe diario onde se aborda o estado de situación, as incidencias dese día e solucións a adoptar. Este informe envíase diariamente ao Delegado de Goberno de España en Galicia.

A composición desta comisión no término municipal da Cañiza está formada polas seguintes persoas: -

-O Alcalde-Presidente do Concello, D. Luis Antonio Gomez Piña.

-A Concelleira de Servizos Municipais, Dª María José Rodríguez González. –

-O Policía Local do Concello, D. Santiago Regueiro Souto. –

- A Traballadora Social do Concello, Dª Estefanía Sestelo Fandiño.

- O Encargado de Obras do Concello, D. Pablo Reinaldo Fernández.

- A Administrativa do Concello, Dª María Angeles Rodríguez Varela.

 - O Comandante do Posto da Garda Civil de A Cañiza, D. Luis Antúnez Alonso.

- O Xefe de Servizos do Centro de Saúde de A Cañiza, D. José Angel González Alonso.

compartir

axenda