NovasIr a esta sección

O Alcalde asina o Convenio coa Xunta para a urbanización da AR3 do Regueiro
Data de publicación: 20 de febreiro de 2019

Miguel Domínguez  e Angeles Vázquez asinaron onte en Santiago o Convenio de colaboración para iniciar as obras de urbanización da área de reparto 3 na zona do Regueiro, sita en pleno casco urbano e que unha vez finalizadas converterán a esta zona nunha das arterias principais de comunicación da Vila pola súa estratéxica situación.

 

As obras de urbanización que comezarán no prazo dun mes desenvolveranse por fases ata deixar conectadas o tramo comprendido entre a rúa Vilanova e a rúa Progreso por un vial de 20 metros de ancho, con aceras por ambas marxes de 2m de ancho e espazos de estacionamiento para máis de 80 vehículos, dando así resposta as demandas que os veciños da Vila viñan reclamando dende hai máis dunha década.

Nesta primeira fase que estará rematada antes do verán, se executarán as obras de entronque da rúa nova coa rúa Progreso nunha superficie de 481 m2 e unha lonxitude de 43,50 m.

Esta área de reparto desbloqueouse despois de 11 anos de intensas negociacións cos propietarios dos terreos cos que non foi posible chegar a acordos polo que se fixo necesario cambiar o procedemento do desenvolvemento urbanístico pasando dun sistema privado de compensación a un sistema mixto de cooperación que posibilitou a execución do planeamento urbanístico permitindo que o Concello colaborara mediante a  execución da obra de urbanización.

compartir

axenda