NovasIr a esta sección

O Alcalde anuncia a reanudación das Feiras da Cañiza este 20 de maio de 2020
Data de publicación: 19 de maio de 2020

En aplicación da Fase 1 do Plan para a Transición cara a unha nova normalidade, ao flexibilizarse en Galicia as restriccións establecidas tras a declaración do Estado de Alarma.

Decreto 2020/0376 do 18 de maio de 2020

A Cañiza. 19/05/2020

 

 

O ALCALDE LUIS PIÑA ANUNCIA A REANUDACIÓN DAS FEIRAS DA CAÑIZA ESTE 20 DE MAIO EN APLICACIÓN DA FASE 1 DO PLAN PARA A TRANSICIÓN CARA A UNHA NOVA NORMALIDADE, AO FLEXIBILIZARSE EN GALICIA AS RESTRICCIÓNS ESTABLECIDAS POLO ESTADO DE ALARMA.

 

  • CONCELLO ACORDA MEDIANTE O DECRETO 2020/0376 DO 18 DE MAIO DE 2020 LEVANTAR A SUSPENSIÓN DE NON CELEBRACIÓN DAS FEIRAS E MERCADILLOS AO AIRE LIBRE ASÍ COMO O ESTABLECEMENTO DAS NORMAS QUE DEBERÁN SEGUIR OS MERCADOS, ESTABLECEMENTOS E LOCAIS, POSTOS AO AIRE LIBRE, CONSUMIDORES E VIANDANTES.

 

  • ESTÁ CONFIRMADA A ASISTENCIA DE CASE 20 POSTOS NESTA FASE NA QUE SE DA PREFERENCIA Á ALIMENTACIÓN E PRODUTOS DE PRIMERIA NECESIDADE.

 

  • A FEIRA ESTARÁ ACOTADA ÁS RÚAS ORIENTE E TRAVESÍA DO MERCADO. HABERÁ TRES PUNTOS DE ACCESO E SAÍDA NAS QUE O CONCELLO COLOCARÁ DISPENSADORES DE XEL HIDROALCOHÓLICO PARA AS MANS: ACCESO Á RÚA ORIENTE, NO INICIO DA RÚA DO CARME E NA TRAVESÍA DO MERCADO.

 

 

Con data do 11 de marzo de 2020 a Organización Mundial da Saúde declarou o brote do Sars-Cov2 como pandemia. O 14 de marzo o Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Histórica do Goberno de España declara o Estado de Alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. Dende este momento o Concello acorda diversas medidas a través de decretos que se foron modificando a medida que se prorrogaba o estado de alarma.

Entre estas resolucións de Alcaldía  se adopta unha medida referente ás feiras cuia celebración estivesen previstas ata o 11 de abril de 2020 en adiante que quedaban suspendidas ata ver a evolución da crise sanitaria e as recomendacións das autoridades competentes.

O 9 de maio de 2020 o BOE publica a Orde SND/399/2020 que no seu apartado 6, artigo 10 establece que cando así o decidan os Concellos poderán proceder á reapertura dos mercados e feiras, dando preferencia aos produtos alimentarios e de primeira necesidade.

Por todo o anterior O Alcalde anuncia a reapertura da feira pero coas seguintes condicións:

1.- Os vendedores garantirán a non manipulación dos produtos comercializados por parte dos consumidores.

2.- Establecerase un requisito de distanciamento entre postos e mercado co obxectivo de garantir a seguridade e distancia entre traballadores, clientes e viandantes.

3.- A distancia entre os postos) na vía pública e os viandantes será de dous metros en todo momento

 

4.- O tempo de permanencia nos locais será o estritamente necesario para que os clientes poidan realizar as súas compras ou recibir a prestación do servizo.

 

5.- Os establecementos, así como os mercados ao aire deberán sinalar de forma clara a distancia de seguridade interpersoal de dous metros entre clientes, con marcas no chan, ou mediante o uso de balizas, cartelaría e sinalización para aqueles casos nos que sexa posible a atención individualizada de máis dun cliente ao mesmo tempo, que non poderá realizarse de maneira simultánea polo mesmo empregado.

 

6. Os  locais deberán pór a disposición do público dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade virucida autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade, en todo caso na entrada do local, que deberán estar sempre en condicións de uso, sendo recomendada a posta a disposición destes dispensadores tamén nas inmediacións dos mercados ao aire libre ou de venda non sedentaria na vía pública.

 

7.- Nos locais comerciais, así como os mercados ao aire libre que conten con zonas de autoservicio, deberán prestar o servizo un traballador do establecemento ou mercado, co fin de evitar a manipulación directa por parte dos clientes dos produtos.

 

8.- Non se poderá pór a disposición de os clientes produtos de proba non destinados á venda como cosméticos, produtos de perfumaría, e similares que impliquen manipulación directa por sucesivos clientes.

 

9.- Nos establecementos do sector comercial téxtil, e de arranxos de roupa e similares, os probadores deberán utilizarse por unha única persoa, despois do seu uso limparanse e desinfectarán.No caso de que un cliente próbese unha peza que posteriormente non adquira, o titular do establecemento implementará medidas para que a peza sexa higienizada antes que sexa facilitada a outros clientes. Esta medida será tamén aplicable ás devolucións de pezas que realicen os clientes.”

 

 

Como medidas preventivas o Concello controlará o aforamento e disposición dos postos, os accesos e información, as normas de limpeza, as medidas de seguridade nos postos de venda ao público  e as medidas de hixiene e seguridade adicionais nos vehículos de transporte e venda ambulante.

 

compartir

axenda