NovasIr a esta sección

O Alcalde agradece a intensa labor desenvolvida polos membros das Comisións Locais de Seguemento e Coordinación para a Seguridade Covid-19
Data de publicación: 09 de xuño de 2020

Estas Comisións xurden o 17 e 18 de marzo coa entrada en vigor dos Decretos de Alcaldía 204 e 206 para facer balance diario da progresión do virus na Cañiza e informar das situacions de emerxencia.

Dende o 17 de marzo, reuníronse todas as mañás de luns a venres, a partires das 9h00 para evaluar a situación diaria, propor medidas e coordinar as actuacións de emerxencia, garantindo unidade de acción de conformidade coas recomendacións das autoridades sanitarias.

Un total de 52 reunións nas que todos os membros dos comités chegaron a alcanzar un grado de coordinación e confianza que posibilitou a resolución de todas as incidencias.

Onte celebrouse una nova xunta na que se acordou que as reunións pasarán a ter carácter semanal.

Dende a alcaldía quérese agradecer a todos os seus membros pola entrega, disposición e profesionalidade amosada en todo momento.

 

RELACIÓN DE MEMBROS DAS COMISIÓNS MUNICIPAIS DE SEGUEMENTO E DE COORDINACIÓN PARA A SEGURIDADE COVID-19 DA CAÑIZA

Presidente, o Alcalde da Cañiza, Luis Piña

Comandante do Posto da Garda Civil de A Cañiza, Luis Antúnez

Xefe de Servizos do Centro de Saúde de A Cañiza, José Angel González

Médica responsable protocolo da COVID-19 Centro de Saúde da Cañiza, Pilar Ramos

Traballadora Social do Centro de Saúde de A Cañiza, Paula Iglesias

Concelleira de Servizos Municipais, María José Rodríguez

Policía Local do Concello, Santiago Regueiro

Traballadora Social do Concello, Estefanía Sestelo

Encargado de Obras do Concello, Pablo Reinaldo

Administrativa do Concello, María Angeles Rodríguez

 

compartir

axenda