NovasIr a esta sección

Dende a Alcaldía anunciase que este ano tamén se renovará íntegramente todo o alumeado público de Valeixe
Data de publicación: 10 de xullo de 2020

Unha inversión de 463.656,39€ que tamén está financiada ao 100% entre o Ministerio de Transición Ecolóxica cunha aportación do 80% do total,  370.925,11€ e a Deputación de Pontevedra, que a través do Plan Concellos aporta o 20% restante, 92.731,28 €. 

  • Nesta parroquia actuarase en máis de 709 luminarias e 18 cuadros eléctricos que dotarán a Valeixe dunha renovada e moderna instalación, co cambio de todas as luminarias a LED de última xeración, aportando aos barrios máis luminosidade e menos contaminación lumínica.
  • Ademáis o proxecto tamén contempla o cambio do tipo de facturación, xa que se eliminarán todos os puntos que ata agora se facturaban en alzado, cun alto consumo enerxético, colocando novos contadores. Actuación que se traducirá nun importante aforro nos consumos: cunha previsión de máis do 50% de aforro na factura mensual.

 

Con estas dúas subvencións o Concello está en disposición de poder cambiar todas as luminarias da parroquia de Valeixe. O estudo eléctrico encargado polo Alcalde para coñecer de primeira man o estado das instalacións eléctricas na parroquia, reflexou o deterioro de prácticamente todas as luminarias que quedaron desfasadas.

Como na parroquia de Achas, ademáis da substitución das luminarias, o proxecto contempla o cambio dos soportes que estén en mal estado, os cadros de mando que se adaptarán á regulamentación vixente e a legalización dos contadores.

Todas estas actuacións ademáis de modernizar o alumeado público, repercutirá na factura eléctrica mensual que cos novos equipos verá reducidos os costes ao 50% como mínimo.

compartir

axenda