NovasIr a esta sección

CRISE PANDEMIA COVID 19
Data de publicación: 07 de maio de 2020

O ALCALDE DA CAÑIZA INFORMA:

A día de hoxe, 7 de maio, mantense a cifra de 0 positivos, 8 recuperados, e 1 falecido, confirmados oficialmente de COVID-19 no termo municipal da Cañiza.

Deixa de existir restricción horaria, franxas horarias, para saídas en núcleos de menos de 5.000 habitantes, que é o caso de todo o termo municipal da Cañiza, de acordo ca carta recibida hoxe da FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias), xa que interpretan as parroquias como núcleos de población.

 

 

Ademáis o Alcalde mantivo un encontro co líder da oposición de mais de 2 horas de duración no Concello para falar da situación actual.

Fíxose  tamén entrega de pantallas de protección, doadas polo Centro Galego de Robótica Educativa, situado na Cañiza, aos traballadores dos negocios abertos.

#NaCañizaQuedamosNaCasa

#EsteVirusLoParamosUnidos

 

compartir

axenda