NovasIr a esta sección

CRISE PANDEMIA COVID 19
Data de publicación: 16 de abril de 2020

Os tests de diagnóstico rápido Covid 19 comprados polo Concello para realizar as probas ás traballadoras do servizo municipal do SAF deron 1 positivo e 1 recuperado.

O Concello da Cañiza adquiriu por conta propia e realizou esta mañá os tests de diagnóstico rápido Covid 19 ás 13 traballadoras do servizo de axuda no fogar e a traballadora social, a través da súa empresa de prevención da saúde.

Como resultado, tivemos coñecemento de que unha auxiliar do SAF deu positivo en covid19 quedando pendente de que o Sergas lle realice a proba PCR. A traballadora atópase ben e non presenta síntomas. A outra  auxiliar presentou anticorpos, é dicir, tivo infección pero está pasada e curada. Ante esta situación, o Alcade solicitou que servizos sociais fixerá un rastrexo dos domicilios dos usuarios das dúas traballadoras para coñecer a situación de cada un.

En consecuencia, o Alcalde solicitou a servizos sociais un informe exhaustivo de todo este proceso que foi posto á disposición das autoridades sanitarias que forman parte do comité municipal de seguimento do coronavirus, co que día a día mantén unha estreita interacción. Tamén se deu traslado ao usuario e aos seus familiares para cumprir co protocolo existente. 

Por outra banda o Alcalde informou destes casos a todos os membros da corporación municipal e aos portavoces das formacións locais.

compartir

axenda