NovasIr a esta sección

Costes das obras executadas polas administracións públicas
Data de publicación: 11 de novembro de 2020

Estas obras suman como mínimo un 40% de impostos e outros costes engadidos ao valor da execución da obra.

  • Este 40% resulta da suma dun 13% de gastos xerais  e un 6% de beneficio industrial, porcentaxes que se aplican sobre o orzamento de execución material da adxudicación, e un 21% de IVA.

 

  • Ademáis hai que sumar outros costes que poden subir a porcentaxe do 40% ao 47%. Estos costes son a redacción do proxecto (mínimo 4%), a dirección de obra (2%) e a coordinación de seguridade e saúde (1%) que incrementan como mínimo o coste das obras nun 7% máis.

 

  • Por outra banda, a hora de pedir axudas a outras Administracións, os Concellos poden decidir entre solicitar a subvención para cubrir todos estes costes ou solicitar financiación soamente para a execución da obra e polo tanto asumir con cargo aos recursos propios do Concello a redacción do proxecto, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde.

 

  • En consonancia coa liña de contención do gasto Local asumida polo actual Alcalde, Luis Piña, se intentará que todas as subvencións solicitadas diante das administración públicas, incluian estes 3 conceptos.

 

  • Esta práctica non era a seguida polo goberno anterior que facturaba aparte a redacción do proxecto, dirección e coordinación da obra que cargaba contra dos recursos propios do Concello.

 

Podemos tomar como exemplo unha das últimas obras executadas polo Concello: O arranxo do lavadoiro e fonte de Igrexa en Oroso cun investimento de 9.100€ .

Dos 9.100,44 €, solo 6.319,86€  corresponden á execución da obra (materiais, maquinaria, movemento de terras, pavimentación, man de obra, xestión de residuos e outros); 821,59€ corresponden ao 13% de gastos xerais,  379,19€ ao 6% de beneficio industrial e 1.579 € ao 21% de Iva. A estes impostos hai que engadir un 4% de redacción do proxecto, un 2% de dirección de obra e 1% de coordinación de seguridade e saúde a maiores do orzamento total da obra.

compartir

axenda