NovasIr a esta sección

Completamos a Rede de Sendeiros co acondicionamento da Ruta de Fontefría
Data de publicación: 30 de xullo de 2020

A Ruta de Fontefría terá un percorrido circular de 7,68 km. Parte da beira da N-VI no alto de Fontefría e discurre por vías forestais nunha contorna de repoboacións de piñeiro silvestre bordeando os pastizais existentes nesa zona

 

O acondicionamento, sinalización e homologación desta ruta, xunto coa de Petán e  a de Luneda forman parte do proxecto de Acondicionamento de Sendeiros na Cañiza  presentado ante a Deputación Provincial a través do Plan Concellos 2020. O proxecto  que supera os 30.000,00€, está financiado ao 100% coas axudas para o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos.

 

Estas actuacións teñen por finalidade aproveitar ao máximo os nosos recursos naturais. Orientalos hacia o turismo rural de forma desestacionalizada e impulsar a nosa economía.

 

Como xa manifestara o Alcalde Luis Piña: “A Cañiza conta con grandes potencialidades paisaxísticas e gastronómicas: dous tipos de turismo que casan perfectamente e son capaces de atraer  visitantes. Dende a Alcaldía apostamos por esta combinación e para iso estamos traballando na posta en marcha desta rede de sendeiros”.

 

A Ruta de Fontefría terá un percorrido circular de 7,68 km. Parte da beira da N-VI no alto de Fontefría e discurre por vías forestais nunha contorna de repoboacións de piñeiro silvestre bordeando os pastizais existentes nesa zona. Tamén atravesa unha zona de turberas e no inverno aparecen varias lagoas naturais ás beiras do camiño. Tratase dun percorrido sinxelo, con baixa pendente  que tamén se pode realizar en bicicleta. O sendeiro resulta interesante ademais por estar situado no Alto de Fontefría, un lugar moi coñecido na provincia por atoparse na nacional N-VI a unha altitude de 800 m e no que son habituais as nevadas no inverno.

 

 

Ademáis da execución dos traballos de acondicionamento, o proxecto contempla a mellora da súa accesibilidade e sinalización como ben integrante do patrimonio cultural de Galicia, regulado na Lei 5/2016.  Se instalarán paneis interpretativos e se retirará a sinalización obsoleta e deteriorada. Todas estas actuacións permitirán presentar o sendeiro ante  a Federación Galega de Montañismo para solicitar a súa homologación.

 

Finalmente para promocionar esta e as outras rutas do Municipio, se editarán as correspondentes guías de sendeirismo e se creará un perfil en Wikiloc do Concello da Cañiza que recollerá toda esta oferta paisaxística.

 

 

 

compartir

axenda