NovasIr a esta sección

COMISION DE DESPOBOACIÓN DA FEMP
Data de publicación: 08 de marzo de 2019

O Alcalde volve a defender os intereses do rural galego na Comisión celebrada o pasado 7 de marzo na sede da FEMP en Madrid

Miguel Domínguez asistiu o pasado xoves, 7 de marzo, en Madrid á última reunión desta lexislatura da Comisión de Despoboación da Federación Española de Municipios e Provincias á que pertence dende que fora designado o 15 de abril de 2016 xunto con outros 24 representantes de Concellos de todo o territorio nacional, presidentes de deputacións e senadores.

 

Xunto con outro alcalde galego, Miguel Domínguez representou e defendeu os intereses de todos os concellos de menos de 5500 habitantes. En total máis de 4.700 municipios en toda España en risco de despoboación.

Segundo manifestou o Alcalde “como representante dos concellos galegos foi para min unha honra participar nunha comisión na que aparcamos as diferencias de partidos para traballar conxuntamente nun problema que nos afecta a todos e que debe ser tratado a nivel estatal”.

Unha comisión na que se traballou para aprobar 79 medidas que deben aplicarse  urxentemente por parte de todas as administraciones para tratar de frenar a despoboacion.

Durante estes anos de traballo na Comisión, o Alcalde transmitiu a súa preocupación pola despoboación que sufre o rural e as posibilidades reais de frear esta tendencia, xa que o reto demográfico é un asunto de Estado que precisa do acordo de todas as forzas políticas co obxectivo de poñer en marcha medidas efectivas que poidan remediar a situación que viven moitas zonas de España como A Cañiza.

 

compartir

axenda