NovasIr a esta sección

Arrancan as obras de urbanización da Area de Reparto 3 na zona do Regueiro
Data de publicación: 29 de setembro de 2020

O pasado 24 de setembro comezaron as obras de urbanización da AR 3, na zona do regueiro, coa execución dun tramo de cabeceira que conectará a n-120 coa nova rúa nunha superficie de 43,50 ml.

A OBRA  SE DESENVOLVE NO MARCO DUN CONVENIO ASINADO EN FEBREIRO DE 2019 ENTRE O CONCELLO E A CONSELLERÍA DE TERRITORIO DA XUNTA DE GALICIA .

O EXPEDIENTE PARALIZOUSE DENDE ESA DATA POR UN ERROR DETECTADO NA DIRECCIÓN XERAL DE URBANISMO CANDO A XUNTA SOLICITA AO CONCELLO GOBERNADO POLO ANTERIOR ALCALDE O ENVÍO DO PROXECTO COMPLETO E ÉSTE ENVÍA UN PROXECTO DE URBANIZACIÓN QUE NADA TIÑA QUE VER COA MEMORIA INICIAL DE HUMANIZACIÓN QUE DA LUGAR Á SINATURA DO CONVENIO.

ANTE O BLOQUEO DO EXPEDIENTE O ALCALDE LUIS PIÑA SOLICITA UNHA ENTREVISTA COA  DIRECTORA XERAL, ENCARNACIÓN RIVAS,  QUE TEN LUGAR O 30 DE AGOSTO DE 2019 EN SANTIAGO, CONSEGUINDO ASINAR UNHA ADENDA QUE MODIFICA O CONVENIO CAMBIANDO O PROXECTO DE HUMANIZACIÓN POR URBANIZACIÓN. O CONCELLO APROBA ESTE PROXECTO E O REMITE A CONSELLERÍA DE INMEDIATO PARA CONTINUAR O EXPEDIENTE DE ADXUDICACIÓN DA OBRA QUE COMEZOU A SEMANA PASADA.

Esta obra estivo bloqueada por un erro detectado na Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia, xa que o expediente se inicia coa presentación dunha Memoria de humanización que tiña cabida dentro dunha das 3 líneas financiadas polo Plan Hurbe da Consellería de Territorio.

Durante o primeiro trimestre de 2019, a Xunta solicita ao Concello a remisión de varias certificacións e o proxecto de obra. Como consecuencia o Concello remite un proxecto de urbanización que non coincidía coa memoria inicial de humanización presentada para iniciar este Acordo de Colaboración. Esto provoca que o expediente quede paralizado ata que recién tomada posesión da Alcaldía o rexedor, Luis Piña, se interesa polo estado actual da tramitación deste Acordo e dende a Xunta se explica que non coinciden a memoria e o proxecto. 

O 30 de agosto de 2019 e tras un encontro de traballo entre a Directora Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e o Alcalde, se consegue desbloquear e continuar coa tramitación do expediente, asinando unha Adenda para modificar o Convenio. Posteriormente o Concello aproba o proxecto de urbanización e o envía á Xunta para a adxudicación da obra á empresa constructora e o inicio da urbanización.

Para o financiamento da actuación a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda aportará o 70% do custe estimado, 35.630,44 €  e o Concello de A Cañiza o 30% ,15.270,19 € ata un Total 50.900,63 €.

compartir

axenda