NovasIr a esta sección

CENTROS DE ENSINO DA CAÑIZA. Gastos en concepto de limpeza que ten que asumir o Concello
Data de publicación: 01 de setembro de 2020

A LIMPEZA DOS CENTROS EDUCATIVOS DA CAÑIZA, CÓSTALLE AO CONCELLO    89.494,54 €UROS ANUAIS.

 

A SUBVENCIÓN QUE RECIBE DA XUNTA DE GALICIA E DA FEGAMP PARA A LIMPEZA DO CPI DA CAÑIZA E DO CEIP DE VALEIXE SOLO CUBRE O 54% DOS COSTES, DEIXANDO UN DESCUBERTO DE 36.352,71 €UROS QUE ASUME O CONCELLO DA CAÑIZA.

 

O Alcalde da Cañiza, Luis Piña, continuando coa súa política de divulgación e transparencia da xestión municipal, fai públicos os gastos derivados do servizo de limpeza nos centros educativos do Concello. Un total de 89.494,54 €uros repartidos en pagos ás empresas de limpeza, salarios e seguridade social dos empregados públicos dos centros educativos e material de limpeza.

Esta cantidade suma os gastos de limpeza do Centro da ESO (39.309,58€), do Centro de ensino infantil e primario e pavillón do colexio da Cañiza (32.219,47€), do CEIP de Valeixe (7.985.31€) e da Escola Infantil Municipal ( 9.980,18).

Un servizo que este ano terá que verse reforzado por ser a limpeza unha das actuacións máis importantes para previr o contaxio por coronavirus.

No referente aos CPI da Cañiza e o CEIP de Valeixe, o Concello recibe unha axuda dentro do convenio Marco asinado entre a Xunta de Galicia e  a Federación Galega de Municipios e Provincias exclusivamente para os gastos de limpeza que solo cubre o 54% dos gastos xerados en este concepto.

O Concello ven recibindo esta axuda dende que o 9 de xaneiro de 2008 a Consellería de Educación da Xunta e a Fegamp asinaran un Acordo Marco para o desenvolvemento do pacto local en materia de educación acordando que a partires do 1 de xaneiro de 2008 sería a Consellería a que asumiría os gastos derivados do servizo de limpeza dos CPI,s.  Sin embargo esta axuda non cubre a totalidade dos gastos polo que o Concello solicitará diante da FEGAMP e da Consellería a revisión do seu caso, considerando o excepcional estado económico no que se atopan actualmente as contas locais.

compartir

axenda