NovasIr a esta sección

CELEBRAMOS OS 200 ANOS DA CONSTITUCIÓN DO CONCELLO DA CAÑIZA
Data de publicación: 22 de xuño de 2020
Para celebrar estes dous séculos de goberno local, o Concello ten organizado un calendario de actos institucionais que debido ás crises económicas e sanitarias da  COVID-19 terán que oficiarse cando a situación o permita.

 

Pero o primeiro guiño á nosa memoria histórica celebrámolo hoxe  da man do recoñecido artista  cañicense Diego de Giráldez, que quixo ser o primeiro en sumarse a estas conmemoracións prestando 6 das súas obras ao Concello para exposición pública

 

 

A CAÑIZA CONMEMORA OS 200 ANOS DA SÚA CONSTITUCIÓN COMO  CONCELLO: 1820 & 2020

  • Foi desexo expreso do pintor, escultor,  anatomista e creador do Realismo  NAS que estas obras estén expostas na sede da Alcaldía como mostra dos lazos de amizade que lle unen ao Concello da Cañiza, do cal é Fillo Predilecto  e en particular ao actual Alcalde Luís Piña.
  • Baixo os títulos de “Outono”, “Galos Novos”, “Ten frío”, “ Deshidratado Verán”, ”Atracción natural” e “ Maiz”, Diego de Giráldez e o Alcalde da Cañiza Inauguran os actos de conmemoración da Constitución do noso Concello.


 

Pasaron xa 200 anos desde que a finais do mes de xuño do ano 1820 se constituira o Concello da Cañiza por non existir a Institución nese momento histórico. 

Finalizado en España o  Sexenio  Absolutista, 1ª etapa do Reinado de Fernando VII, estableceuse un goberno de carácter liberal, o coñecido TRIENIO LIBERAL, entre os anos 1820 a 1823. É no comezo desta etapa cando os liberais exercen o poder segundo o establecido nas Cortes de Cádiz, desenvolvendo mediante Leis e Decretos a constitución liberal de 1812. Neste pronunciamento protagonizado polo coronel Rafael del Riego en Cabezas de San Juan, obrígase ao Rey “ FERDINANDO VII” a acatar a Constitución, decretar unha amnistía e convocar eleccións”.

Na Cañiza ordénase convocar estas eleccións o 20 de maio de 1820, despois de “Feita a instalación do Concello”.

 Extracto literal da Acta de Constitución: primeiro parágrafo.

“Con arreglo a los artículos 309  y 310 de la constitución debe ponerse Ayuntamiento para Govierno interior de los Pueblos en todos los que por si, o con su comarca lleguen a mil almas…” .

así comeza o primeiro documento dos que compoñen todo o expediente para a constitución do “Concello da Cañiza”, dando instrucións ao Alcalde para que gobernase tendo en consideración “…V. para su govierno por ahora, el impreso que contiene el capº. 1º del Titº.  6º de la Constitucion y el Decreto de las Cortes de 23 de Mayo de 812,; la instruccion o circular dispuesta por el Sr. Gefe Politico Superior, en 25 de Nobiembrede 813, y el exemplar que tambien acompaña de la decretada por las Cortes en 23 de junio del mismo año de 813…”

 

compartir

axenda