NovasIr a esta sección

Campaña "coa confianza de sempre, agasállate neste Nadal"
Data de publicación: 04 de xaneiro de 2021

Hoxe o Alcalde  Luis PIña e Marta Rey, en representación da Asociación de Comerciantes da Cañiza, entregaron os segundos 1.000€ desta campaña de afianzamento e fidelización do noso comercio.

Recolleron o premio os portadores dos números agraciados no sorteo do pasado 30 de decembro.

Esta mañá se fixo entrega dos segundos premios da campaña de activación e fidelización do comercio local que comezou este mes de decembro baixo a garantía da confianza que ofrece o comercio local.

Os portadores dos números premiados no sorteo do pasado 30 de decembro, recolleron os seus vales (5 vales de 10 €uros cada un), que a partires de hoxe poderán canxear nos mesmos establecementos da Cañiza.

Noraboa a todos os premiados.

O vindeiro sorteo celebrarase o 15 de xaneiro de 2021.

compartir

axenda