NovasIr a esta sección

BANDO COVID 19. 26 de agosto de 2020
Data de publicación: 26 de agosto de 2020

O Alcalde asina un novo Bando sobre a COVID-19 onde se informa da existencia no Municipio dun brote activo que xa está controlado.

DESCARGA DO BANDO

 

 

*ONTE POLA MAÑÁ CELEBROUSE COMO CADA SEMANA, A REUNIÓN DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO E DE COORDINACIÓN PARA A SEGURIDADE COVID-19, PARA INFORMAR DA SITUACIÓN ACTUAL.

*OS AFECTADOS XA ESTÁN LOCALIZADOS E CUMPRINDO A CUARENTENA.

*NO BANDO A ALCALDÍA LEMBRA AOS VECIÑ@S AS MEDIDAS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO PARA EVITAR CONTAXIOS E APELA TAMÉN Á PRUDENCIA, RESPONSABILIDADE E SENTIDO COMÚN.

*OS PARQUES INFANTÍS CONTINUARÁN PECHADOS E SE PROCEDERÁ A REALIZAR 2 DESINFECCIÓNS SEMANAIS NAS ZONAS ONDE SE CONCENTREN O COMERCIO E DEMÁIS ESTABLECEMENTOS E ORGANISMOS PÚBLICOS.

 

Debido á situación xerada pola evolución do coronavirus COVID 19 nesta última semana e a aparición dun brote activo, as autoridades sanitarias aplicaron o correspondente protocolo que inclúe a localización do foco, cumprimento da cuarentena e realización de probas diagnósticas.

Ante a aparición deste brote o Concello, a través do Bando publicado no día de hoxe, lembra aos veciños da importancia do cumprimento dos protocolos de prevención:

*  Manter a distancia de seguridade interpersoal de polo menos 2 metros.

*  Hixiene de mans.

* Uso de máscara en todo momento (obrigatoria para maiores de seis anos).

*  Por outra banda e no referente aos espazos municipais, os parques infantís continuarán pechados.

* O Concello procederá a realizar 2 desinfeccións á semana no núcleo onde se concentra a meirande parte dos establecementos, comercios, empresas  e organismos públicos.

*  Ademáis lémbrase que é responsabilidade de todos cumprir cos consellos das autoridades sanitarias (SERGAS) dictadas ao respecto e Órdenes aprobadas pola Xunta:

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/448/ModificaccionDeterminadasMedidasPreventivas.pdf

 

Ademáis no Bando o Alcalde informa das  medidas que deben seguirse en caso de contacto directo cos posibles afectados ( sempre seguindo as indicacións das autoridades sanitarias):

* Considérase contacto directo calquera persoa que tivese contacto cunha persoa positiva en COVID-19 de máis de 15 minutos sen máscara e a menos de 2 metros nos 2 días previos.

*  Calquera contacto debe de gardar illamento domiciliario de 15 días sexa positiva ou negativa a  PCR.

*  Se alguén ten coñecemento de ter contacto cun contaxiado e os servizos sanitarios non se puxeron en contacto con el/ela, debe comunicarse co Centro de Saúde.

* As persoas sospeitosas de contaxio non deben de moverse da localidade en ningún caso, poñéndoo inmediatamente en coñecemento dos servizos sanitarios.

*  Facilítanse os teléfonos de contacto do CENTRO SAÚDE: 986 652 285 e o TELÉFONO PARA DESPRAZADOS: 881 002 021

 

Finalmente apélase á responsabilidade, á prudencia e ao sentido común da veciñanza, informando que o bando faise público para xeral coñecemento e para NON poñer  en risco a nosa saúde, a nosa vida e a de quen nos rodea, especialmente ás persoas maiores (poboación máis vulnerable fronte ao COVID-19).

Tamén dende o Concello se pide respeto para as persoas afectadas

compartir

axenda