NovasIr a esta sección

APERTURA DO CAMPING MUNICIPAL CARBALLO DO MARCO. VERÁN 2020
Data de publicación: 30 de xuño de 2020
DURANTE CASE UN MES OS OPERARIOS MUNICIPAIS TRABALLARON INCANSABLEMENTE PARA POÑER A PUNTO O CAMPING, DESENVOLVENDO INTENSOS TRABALLOS DE PODA DE ÁRBORES, RECUPERACIÓN DE PARCELAS, PINTADO, ALICATADO, FONTANERÍA, ELECTRICIDADE E REPOSICIÓN DE MENAXE. TODO PREPARADO PARA QUE MAÑÁ MERCORES O CAMPING MUNICIPAL COMENCE A RECIBIR OS PRIMEIROS CAMPISTAS.

 

O CONCELLO DA CAÑIZA XESTIONARÁ DIRECTAMENTE ESTE VERÁN O CAMPING MUNICIPAL QUE ABRE AS SÚAS  PORTAS O 1 DE XULLO.

 

  • A INSTALACIÓN ABRE CON TODAS AS GARANTÍAS SANITARIAS E MEDIDAS DE PREVENCIÓN BÁSICAS PARA EVITAR A TRANSMISIÓN DO SARS-COV-2 E CUMPRINDO ESTRICTAMENTE CO DECRETADO NO ESTADO DE VOLTA Á NOVA NORMALIDADE.
  • TAMÉN ABREN AS PISTAS DE PADEL QUE EQUIPARAN OS PREZOS AO ALQUILER DAS PISTAS DE SQUASH, É DICIR 3,00€ /HORA COMO UN PREZO  ESPECIAL PROMOCIONAL ATA TER REGULADA A ORDENANZA DESTA INSTALACIÓN.

 

O Concello xestionará este ano o camping municipal de forma directa cos seus propios traballadores. Unha instalación inaugurada no ano 1994 de 10.000 m2 con capacidade para 217 persoas distribuidas en 67 parcelas e 4 bungalows. Nesta ocasión a lexislación en materia de prevención da COVID-19 non obriga a reducir o aforo.

Para poder cumprir coas obrigacións sanitarias e de desinfección do estado de volta á nova normalidade provocada pola crise da Covid-19 e como medida preventiva, todas as zonas Do camping sobre todo as de contacto máis frecuente polos usuarios (zona de aseos e duchas,  lavalouzas, enseres, cafetería, etc,) desinfectaranse varias veces durante a xornada polos servizos de limpeza municipal

O Camping “Carballo do Marco” atópase ubicado nun extraordinario paraxe rodeado de vexetación autóctona característica de esta zona de media montaña onde se desenvolverán os campamentos municipais de verán durante todo o mes de xullo con nen@s menores de 12 anos. Con gran arbolado  e chan de herba, acolle nas súas inmediacións tamén as pistas de tenis e a piscina recreativa ao aire libre. Ademáis está a menos dun kilómetro do núcleo urbano.

A instalación é accesible a coches, autobuses, caravanas, motos, ten auga quente nas duchas e toma de corrente electrica en todas as parcelas, subministro de auga para caravanas e amplas zonas verdes e xardíns de recreo, bar cafetería, lavandería e zona de acampada libre.

Os prezos son os mesmos de anos anteriores.

Para ampliar información ou reservar deben chamar ao número de teléfono 986 652 126 ou 986 651 000.

compartir

axenda