NovasIr a esta sección

ALUMEADO DE NADAL 2020
Data de publicación: 12 de novembro de 2020

O Concello contrata por 4 anos o alumeado de Nadal que encherá as rúas e lugares da Cañiza de espíritu navideño despois dun difícil ano de contención de gasto ocasionado polas débedas do concello e desánimo producido pola pandemia da covid-19.

 

  • Durante un mes as luces de Nadal adornarán A Cañiza para o desfrute de todos os veciñ@s, en especial dos nen@s, das familias, do comercio e da hostelería. Dende o 5 de decembro ata o 7 de xaneiro de 2021.

 

  • O contrato adxudicarase por 4 anos por un importe de 23.000€/ano máis Ive que ven a sumar 92.000€ en 4 anos. Os pregos de contratación premiarán ás empresas que garantan a eficiencia enerxética así como o aporte do 80% do alumeado en lámparas LED.

Neste ano especialmente complicado e difícil pola crise económica do consistorio e a crise sanitaria da COVID-19, o Alcalde non está en disposición de suspender aqueles servizos que benefician a todo o conxunto da nosa poboación e do noso comercio local. Considera o alumeado de Nadal como un servizo necesario para a nosa poboación e a nosa economía, por ser responsabilidade da gobernanza traballar para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños.

Debido ás medidas de obrigado cumprimento impostas pola Nova Normalidade, o Concello tivo que anular as actividades e actuacións que sempre se programaban no Nadal, pero o Alcalde afirma que “de ningunha maneira quedarán os nosos veciños sen alumeado navideño, porque o merecen”. Continúa manifestando que esta decoración axudará a recuperar o ánimo na nosa poboación afectada duramente dende o mes de marzo pola crise sanitaria e contribuirá a que o comercio e a hostelería local volvan a coller ritmo.

O Alcalde anunciou tamén que durante este mandato se inicia por primeira vez este expediente conforme á Lei de contratación do estado, por un período de 3 anos máis unha prórroga doutro ano, ata 4 anos o que contribuirá a dar estabilidade na contratación do servizo.

Segundo o Alcalde, o gasto en alumeado de Nadal é totalmente razoable, sen entrar en ningún tipo de comparacións, xa que a cifra corresponde aos 4 anos de contratación.  Ademáis éste é o importe de adxudicación de saída pero as empresas poden ofrecer rebaixas, polo que o coste podería ser todavía menor.

 

compartir

axenda