NovasIr a esta sección

Acto conmemorativo dos 200 anos de constitución do Concello da Cañiza: 1820 - 2020
Data de publicación: 30 de xuño de 2020

Un breve e sencillo acto público, ás 14horas, que consistiu no descubrimento por parte do Rexedor Municipal, Luis Piña, do cartel conmemorativo dos 200 anos do Concello que presidirá a fachada da Casa Consistorial ata finais deste ano.

ESTE MARTES 30 DE XUÑO DE 2020, PRESENTOUSE O CARTEL CONMEMORATIVO DO BICENTENARIO DA CONSTITUCIÓN DO NOSO CONCELLO

Na antigua Rúa do Vendaval, como así se chamaba á actual Rúa Oriente, participaron os ex alcaldes da Vila, César Mera Rodríguez e Miguel Domínguez Alfonso xunto co actual Alcalde Luis Piña, como anfitrión, e ex concelleiros que formaron parte das corporación locais do Concello da Cañiza. Tamén estiveron invitados todos os traballadores municipais que xunto coa actual Corporación Municipal deixaron unha pegada neste ano histórico que ven a celebrar os 200 anos de Constitución como Concello da Cañiza.

 

A Cañiza: 200 ANOS DE HISTORIA. 1820 & 2020

A pesar de ser a máis recente das parroquias que constitúen o Termo Municipal, se temos en conta o seu ano fundacional, 1820, A Cañiza é hoxe en día a máis importante das 9 que integran a localidade, por residir nela a capitalidade do municipio, por concentrarse na mesma a maior parte dos servizos administrativos e por ser a que máis poboación acolle a pesar de ser a máis pequena en extensión. Con todo, a historia deste lugar remóntanos case 230 anos atrás.

Os primeiros poboadores desta parroquia eran oriúndos das inmediacións, especialmente de Valeixe. Empezaron a poboar a zona, concretamente o barrio que hoxe se coñece como A Calzada, para atender mellor e máis de preto o cultivo dos seus bens e campos. Aos primeiros moradores seguiríanlles outros e así comezaron a construír as súas propias habitacións ás que seguiron mellores edificacións. O nome “ Cañizas” que se lle deu á parroquia, explica fielmente cal foi a súa orixe. A zona empezou a poboarse cunhas casetas ou chozas feitas de ramas de árbores entretexidas e cubertas de pallas ás que a xente do país chamáballes Cañizas e Cañizos, para que os labradores puidesen gorecerse da choiva.

Máis tarde iniciaríanse tamén as obras de construción do chamado Camiño Real das cidades de Tui e Vigo para Castela, trazada e diseñada polo enxeñeiro José Elduayen, na súa dilatada etapa de Deputado por Vigo, obra que lle daría o impulso definitivo a esta parroquia. Por esta travesía fóronse levantando numerosas edificacións. Era coñecida como rúa Principal e contaba ademais cunha parada de postas para bebedoiro de cabalos no lugar que hoxe coñecemos como Fonte dos Dous Caños, bebedoiro que mandou construír o Alcalde Francisco Vidal de Olivares.

 

compartir

axenda