NovasIr a esta sección

O Concello inaugura o mes de setembro apostando pola formación coa organización de cursos competenciais e de lecer.
Data de publicación: 06 de setembro de 2018

Para ampliar información sobre as datas de celebración de cada un destes cursos, horarios, temarios e prezos, os interesados poden dirixirse á oficina de información xuvenil no primeiro andar da Casa de Cultura ou á Biblioteca Municipal.   

 

  • Competencias clave, en ofimática, preparación para obter o certificado de ESO para maiores de 18 anos, clases preparatorias de galego e de inglés, son algúns dos cursos de formación que se ofertan dende o Concello neste novo curso académico 2018/2019.
  • Esta oferta educativa vese completada con outros cursos máis específicos como o “Proxecto Ábaco” de educación competencial dirixido a nenos de 5 a 13 anos e un curso dirixido aos coidadores de enfermos de Alzheimer sobre a búsqueda activa de emprego.
  • Ademáis por primeira vez nesta Vila, neste mes de setembro estase desenvolvendo o I curso de Monitor de Fútbol Base ofertado pola Real Federación Galega de Fútbol en colaboración co Concello.
  • Os cursos de lecer tamén teñen cabida nesta  nova tempada: Patronaxe da man de Cristóbal Vidal e retoque Fotográfico son dúas das actividades que poñemos ao alcance dos veciños.

 

Estas son algunhas das ofertas formativas coas que o Concello inicia o mes de setembro. Cursos orientados á formación profesional con clases  preparatorias con profesor presencial en aula para superar as probas de avaliación para acadar as competencias clave dos novos certificados de profesionalidade dos nivéis 2 e 3,  de ESO para maiores de 18 anos, para obter o CODIX en ofimática ou para preparar a obtención do certificado dos catro niveis de Lingua Galega ademáis de novos cursos da escola de Inglés.

Os pequenos tamén teñen o seu espazo na Biblioteca Municipal coa posta en marcha do proxecto ABACO. Un programa que xa leva anos desenvolvéndose e que ten como obxectivo aumentar a capacidade de concentración e atención dos nen@s, mellorar a súa autoestima, a capacidade de observación e de escoita así como a mellora da memoria visual. O Alzheimer tamén ten cabida nesta nova oferta coa impartición dun curso para coidadores.

Esta primeira oferta complétase coa impartición dun curso de monitor de Fútbol Base organizado pola Federación Galega de Fútbol, un novo curso de patronaxe dirixido un ano máis polo prestixioso diseñador Cristobal Vidal e un curso de retoque fotográfico Ligtroom.

 

compartir

axenda