instaladas dende a rotonda do Cristo ata o final da Carballeira.
Modernos báculos led de alta eficiencia enerxética e reducción de consumo, cun estilo ornamental de liñas puras e estilizadas, creado exclusivamente pola empresa adxudicataria como modelo "Cañiza"
A Cañiza entra no Nadal estreando luminarias nun dos viais principais de acceso ao núcleo urbano dende a Autovía e as cincunvalacións procedentes de Portugal.
A obra consistiu na sustitución dos antigos equipos de alumeado por luminarias LED de alta eficiencia que favorecerán o aforro enerxético así como a limitación do resplandor lumínico, de maior rendemento con fontes de maior eficacia e con equipos de regulación e control. Ademáis actuosue sobre os cadros de mando e protección e conductores e se sustituiu o sistema de acendido das antigas fotocélulas por reloxio astronómico que suporá un aforro estimado do 7% sobre o consumo da instalación.
Todo co obxectivo de reducir o consumo e enerxía eléctrica e reducir o consumo de enerxía primaria e emisión dos gases de efecto invernadoiro (co2). Con esta inversión tamén conseguiremos cumprir coas exisencias lumínicas do Real Decreto 1890/2008 do 14 de novembro en canto aos niveles de iluminación e uniformidades das vías a iluminar que se reformen.