NovasIr a esta sección

A Cañiza estrea corazóns nesta nova etapa de volta á normalidade
Data de publicación: 18 de xuño de 2020

O ALCALDE, LUIS PIÑA, XUNTO COS SEUS CONCELLEIROS QUEREN AGRADECER A TODOS OS VECIÑ@S DA CAÑIZA O ESFORZO COLECTIVO E O EXCEPCIONAL COMPORTAMENTO AMOSADO DURANTE A CRISE DO CORONAVIRUS. 

 

ESTES CORAZÓNS TAMÉN QUEREN SER UN RECORDATORIO DE QUE A ENFERMIDADE NON DESAPARECEU E DEBEMOS SEGUIR TOMANDO TODAS AS PRECAUCIÓNS E RESPETANDO AS NORMAS SANITARIAS, DE HIXIENE E DISTANCIAMENTO. 

AGRADECEMENTO DE CORAZÓN EXTENSIBLE TAMÉN A TODO O PERSOAL DO CONCELLO, SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO, DE OBRAS, DE LIMPEZA, POLICÍA LOCAL, ADEMÁIS DOS EQUIPOS SANITARIOS E O PERSOAL DOS CORPOS E FORZAS DE SEGURIDADE NA CAÑIZA, QUE DÍA A DÍA ESTIVERON TRABALLANDO POR E PARA TODOS NOS.

10 grandes estructuras metálicas galvanizadas de 30 kilos de peso, en forma de corazóns verdes de 1m. x 1m., fabricadas no pobo, adornarán dende hoxe a núcleo urbano da Cañiza con cadan seu mensaxe de agradecemento á cidadanía pola colaboración, compromiso, paciencia, solidaridade, contribución, responsabilidade, serenidade, aguante, traballo e apoio amosado fronte á expansión do coronavirus.

Luis Piña e o seu Equipo de Concelleiros agradecen deste xeito o comportamento  exemplar dos veciñ@s da Cañiza dende que o pasado 14 de marzo o Goberno Central decretara o Estado de Alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19. Difíciles momentos en que os cañicenses deron mostra dunha responsabilidade e sensatez encomiables.

Agradecemento por atender todas as directrices emitidas polos diferentes organismos gubernamentais para poder enfrentar, combatir e superar a COVID-19,  que se difundiron dende o Concello, a través de bandos, notas informativas, webs e redes sociais.

Agradecemento aos veciños por respetar os horarios de paseo e deporte e por cumprir as medidas hixiénicas e preventivas para frear a Pandemia e por axudar a que todo siga funcionando a pesares da complicada situación económica en que nos deixou a crise sanitaria.

compartir

axenda