A Cañiza estará presente todo este fin de semana no Salón Gastronómico XANTAR de Ourense
Data de publicación: 08 de febreiro de 2020
• Dando a coñecer aos visitantes os nosos activos gastronómicos abanderados polo xamón e os produtos do porco, os viños da zona e os nosos produtos tradicionais.
• O sábado teremos un espazo especial no Certame, de 12:30 h a 13:30 h para divulgar e dar a coñecer a nosa gastronomía.

XANTAR é a única Feira Internacional de Turismo Gastronómico acreditada da Península Ibérica, cita ineludible para o Concello da Cañiza.
Do 5 ao 9 de febreiro estaremos presente nesta 21 edición co xamón da Cañiza acompañado dos viños da nosa zona.
EIDO DÁ FONTE, ADEGA FOXO PINTELOS e
ADEGA AUGUSTO CAVADAS DO VAL, pertencentes á Denominación de Orixe Rías Baixas e os caldos da
ADEGA TORGO cos seus dous viños ecolóxicos de variedade albariña, crearán en Xantar a maridaxe perfecta xunto cos queixos elaborados en Cañiza e o mel dos nosos apicultores.