NovasIr a esta sección

A Cañiza xa conta con novo camión de recollida de lixo
Data de publicación: 15 de novembro de 2018

Miguel Domínguez recepcionou esta mañá a entrega do vehículo que contribuirá a mellorar este servizo municipal. 

Por iso neste 2018 un dos esforzos do Concello estivo dirixido á adquisición do novo vehículo.  Un Volvo, modelo FE320, con caixa compactadora de 15 m3 de capacidade e 3 m3 máis de carga, cun M.M.A. de 18.000 kg 

 

MIGUEL DOMÍNGUEZ RECEPCIONOU ESTA MAÑÁ A ENTREGA DO VEHÍCULO QUE CONTRIBUIRÁ A MELLORAR ESTE SERVIZO MUNICIPAL

 

Este novo vehículo ven a sustituir ao camión de recollida actual que dende o ano 1997 viña desenvolvendo o servizo municipal. Despois de 20 anos en activo e de numerosas avarías e necesidade de melloras constantes, xa non ofrecía o rendemento que supón ter que recoller os RSU nun territorio de 108 km cunha poboación moi diseminada, sobre todo nas parroquias.

Por iso neste 2018 un dos esforzos do Concello estivo dirixido á adquisición dun novo vehículo de recollida e compactación de residuos sólidos urbanos. Un Volvo, modelo FE320, con caixa compactadora de 15 m3 de capacidade e 3 m3 máis de carga, cun M.M.A. de 18.000 kgs.

Este novo vehículo súmase ao parque de maquinaria municipal que dende o Concello se está renovando para garantir a calidade dos servicios municipais prestados aos veciños.

Xunto co tractor desbrozador adquirido polo Concello o pasado 22 de decembro de 2017, grazas ao convenio asinado coa Consellería de Medio Rural da Xunta, o  camión recepcionado hoxe forma parte da flota de vehículos do Concello que xa conta con 2 tractores desbrozadores, 1 tractor de bacheo, 2 camións de recollida de lixo, 1 camión grúa pequeño e outro grande, 1 pala mixta, 1 pala mini retro, 1 dumper de obra pequeño, 1 camión motobomba e 1 pisón, ademáis dos vehículos pequenos. Todo para continuar traballando e mellorando a  calidade de vida dos nosos veciños e da nosa contorna.

compartir

axenda