NovasIr a esta sección

A Cañiza celebrou este sábado a súa III Gala contra o Cancro
Data de publicación: 18 de febreiro de 2019

§ Concello, veciños e establecementos comerciais da Cañiza comprometéronse un ano máis coa organización do evento.

§ Tamén as Asociacións e Clubs locais así como o deseñador Cristóbal Vidal, quen coas súas achegas contribuíron a dar maior visibilidade á Gala.

  Números premiados na Gala do Cancro celebrada o 16/02/2019
  LOTE ESTABLECIMIENTO NUMERO
  1 RELOJERIA SANTA TERESA 1041
  2 TODO Y MAS 160
  3 J. RIVEIRO -CENOR  2242
  4 FERRETERIA JULIO GIRALDEZ 309
  5 EROSKI – CAVADAS DO VAL 1683
  6 ZAPATERIA BULDOG 1170
  7 ALFA2 NUTRICCION – AREA SERVICIO 395
  8 LIBRERIA ESCRIBAN - AREA SERVICIO 1378
  9 MODAS JOSE LUIS – PASTELERIA DELICIAS 1778
  10 CONFECCIONES CENTRO- AREA SERVICIO 1670
  11 ESTANCO CACHEIRA S- PINCHO DA ABOA 1696
  12 ANTONIO RIVEIRO 1763
  13 ESTANCO BACELAR – PELUQUERIA JAELS 11
  14 BARVALSA – COUSAS DA COCIÑA – MODA INFANTIL NINIS 16
  15 MARQUES DE VIZHOJA 486
  16 BRICOBAS 2010
  17 MARIA TEIJEIRA- MESON DO BARBARO 176
  18 LA COSTURERA – DROGUERIA CHEVERE 56
  19 PANDORA – PELUQUERIA COLORS 2090
  20 JOYERIA JOSE ANTONIO 1296
  21 CARNICERIA  GRAN SOL – MODAS MISTIC 491
  22 PELUQUERIA AMALTEA LAR DAS TAPAS 1777
  23 PARAFARMACIA -NOELIA UÑAS 1754
  24 BAR KASTOR – CAVADAS DO VAL 2145
  25 PELUQUERIA ERIVA-  DROGUERIA PEPA 235
  26 LOTERIAS BEATRIZ – AREA QUINTANS 1182
  27 RESTAURANTE CASA ELIGIO - CAVADAS DO VAL 1061
  28 SUPERMERCADO DÍA 2469
  29 CARNICERIA FERNANDO – SUPERMERCADO MARIA - AREA SERVICIO 2235
  30 OS DO RESERO 13
  31 BAR PIRI PIRI 1006
  32 FISIOTERAPIA CAÑIZA- SUPERMERCADO LOLA 444
  33 FLORISTERIA NIEVITAS- AREA QUINTANS 1239
  34 FLORISTERIA ANXO- AREA QUINTANS 326
  35 FLORISTERIA PASTORA 6
  36 PELUQUERIA MARI-AREA DE SERVICIO 1122
  37 BODEGON CASTRO- ALSIRA OGANDO 1257
  38 MODAS PATRICIA - ALSIRA OGANDO 1035
  39 SUPERMERCADO CHOCOLATEIRO – CARNICERIA BARROS - AREA QUINTANS 1766
  40 FLIPERS 1022
  41 EIDO DA FONTE 1665
  42 VIAJES PARADANTA - LOTERIAS BEATRIZ 217
  43 PELUQUERÍA YARADEX 372
  44 MARQUES DE VIZHOJA 1109
  45 OPTICA LUNIC 52
  46 SERFIS CAIXABANK 1067
  47 JOYERÍA JOSÉ ANTONIO 416
  48 FARMACIA SONIA MERA 479
  49 PATINAXE 2418

 

Con motivo da celebración do día mundial contra o Cancro, A Cañiza organizou por terceiro ano consecutivo a Gala Solidaria 2019 co obxectivo de recadar fondos para a AECC.

Organizada pola Tenente de Alcalde e Concelleira de Servizos Sociais Ana Cerviño, pretendía volver comprometer e involucrar a todos os establecementos da Cañiza con doazóns exclusivas de cada comercio para sortear, así como ás asociacións, clubs e grupos folclóricos do Municipio.

A Gala inaugurouse o 16 de febreiro ás 10 h00 no campo de fútbol de Augas Férreas da man da Asociación Deportiva Cañiza onde as diferentes categorías do club disputaron varios partidos. Ao finalizar tomaron a substitución as Asociaciónes Deportiva sobre Rodas da Cañiza e o Anpa O Chusquiño de Valeixe, ambas na disciplina de patinaxe con varias exhibicións dos alumnos no pavillón do CEIP de Valeixe. A quenda deportiva ampliouse tamén ás 16h00 co Club Balonmán Cañiza coa celebración dos partidos entre o C. B. SAEPLAST CAÑIZA Feminino Vs. SA. R. REDONDELA e o Balonmán SAEPLAST CAÑIZA Vs. Calvo Xiria.

Pero sen dúbida o momento máis esperado do día chegou ás 20h00 no Auditorio da Casa de Cultura onde a Asociación Furafollas de Oroso, o Grupo MVT do Centro Muévete Dance Studio, campionas de España e Galicia de Hip Hop, da asociación Santa Cristina de Valeixe e do grupo folk Os do Cruceiro, acompañados este ano polo deseñador Cristobal Vidal cun dos seus inigualables desfiles, deleitaron a todos os asistentes á Gala entre sorteo e sorteo.

Desfile de moda do deseñador Cristóbal Vidal.

MVT, Campionas de España e Galicia de Hip Hop. Centro Muévete Dance Studio.

Grupo Santa Cristina de Valeixe

Banda de Gaitas da Asociación Cultural e Deportiva Santa Cristina de Valeixe

Pandereteiras Os Furafollas de Oroso

Profesores da Escola de Acordeón de AS.CUL.CA

Actuación do Grupo Folk Os do Cruceiro.

Os números premiados xa se poden consultar na web do Concello www.caniza.org e en Facebook e poderán recollerse nas Oficinas Municipais ata o 29 de marzo.

O Concello quere agradecer de maneira especial a todos os establecementos, comercios e pequenas empresas da Vila que se sumaron a esta iniciativa solidaria doando artigos para o sorteo. Sen as súas achegas esta Gala non sería posible. Tamén agradecer aos veciños da Cañiza polo interese mostrado durante os últimos anos participando activamente na organización e desenvolvemento da Gala e por suposto ás asociacións, entidades e clubs que actuaron e traballaron durante toda a xornada do 16 de febreiro para dar maior visibilidade ao evento.

 

A todos GRAZAS POR SER SOLIDARIOS.

 

compartir

axenda