NovasIr a esta sección

A Cañiza acolleu o venres unha Xuntanza Histórica logrando reunir a 24 Alcaldes e Presidentes de Cámaras para potenciar a Vía Mariana
Data de publicación: 09 de marzo de 2020

O Alcalde da Cañiza, Luis Piña, presidiu o 6 de marzo o 1ª Encontro Internacional de Alcaldes e Presidentes de Cámaras Portuguesas da Vía Mariana Luso Galaica que une Braga co Muxía pasando polos santuarios marianos de 29 concellos e cámaras

A ASOCIACIÓN VÍA MARIANA E OS REPRESENTANTES MUNICIPAIS ACORDARON ACCIÓNS COMÚNS A AMBOS LADOS DA FRONTEIRA, EN TODOS OS ÁMBITOS DE ACTUACIÓN E DIVULGACIÓN CONXUNTA MEDIANTE A CREACIÓN DUNHA PÁXINA WEB. TAMÉN ACORDARON INICIAR O PROCEDEMENTO ANTE O CONSELLO DE EUROPA PARA A DECLARACIÓN DE ITINERARIO CULTURAL EUROPEO.

A Cañiza, 6 de marzo de 2020.

Un acto histórico polo seu carácter internacional organizado polo Concello da Cañiza en colaboración coa Asociación Vía Mariana na que o Alcalde da Cañiza, Luis Piña, conseguiu congregar a máis de 24 institucións para analizar e debatir sobre as accións conxuntas e follas de ruta a seguir polos máis de 70 promotores que forman parte desta Ruta: institucións públicas e privadas, asociacións, comunidades de montes e particulares.

O Alcalde Luis Piña, en calidade de anfitrión e Alcalde inaugurou e deu a benvida a todas as autoridades e participantes, agradecendo o compromiso amosado por todos os asistentes. Para o Alcalde esta Vía composta de 18 etapas que comeza en Braga e remata en Muxía, é un proxecto realmente especial pola súa vinculación persoal co País irmán. Continúa na súa intervención afirmando que “para desfrutar deste camiño basta con ter sensibilidade, basta con querer facer un camiño, con querer acompañar a algúns amigos, coñecer lugares marabillosos ou simplemente coñecerse a un mesmo”.

A Vía Mariana ten o seu Km 0 en Braga (Portugal) no Santuario do Sameiro, atravesa 5 cámaras portuguesas e entra en Galicia por Arbo ata chegar a Muxía, recuperando do esquecemento estradas incribles para xuntar santuarios. Goaes, Soajo, A Peneda, Melgaço, así ata chegar ao noso Santuario da Franqueira que afirma o Alcalde “ para mín e para moitos dos presentes é un lugar especial así como para moita xente as 17 etapas da Vía Mariana”. Despois da Franqueira a Vía segue en Santiago de Covelo, Santa María de Estacas, Santa María de Augasantas, Santa María de Sacos, Os Milagres de Amil, Valga, Iria Flavia, Santiago de Compostela, Negreira, Baiñas e Muxía, onde conclúe.

Esta Vía cun percorrido de 382 km, ten como principal obxectivo “crear sinerxias para favorecer as zonas rurais máis deprimidas coñecidas como deserto verde, fixar poboación, mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e ponderar a nosa riqueza paisaxística e patrimonial. Esta vía tamén está concebida como un punto de encontro espiritual”.

 

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA COMPROMÉTESE A APOIAR A VÍA MARIANA

Despois da súa intervención o Alcalde deu a palabra á Deputada Provincial da Deputación de Pontevedra Dona Raquel Giráldez, quen manifestou a súa admiración pola vontade e capacidade de traballo de todos os promotores asistentes e comprometeuse, dende a Deputación, a sumarse a este proxecto.

A continuación tomou a palabra a Presidenta da Asociación Vía Mariana, María José Silva que empezou a súa intervención agradecendo de xeito especial o traballo desenvolvido en Portugal, impulsado polo Sr. Cónego da Archidiócese de Braga, Don José Paulo Abreu ao brindar a súa hospitalidade para a presentación da Vía no Santuario do Sameiro, Km. 0 da ruta. Silva Sinalou que en menos dun ano a Vía xa conta con 500 credenciais na rúa e 5 páxinas de Facebook en 5 países en mans de socios colaboradores: Portugal, España, Alemania, Hungría e República Checa. Destacou que esta Vía é un proxecto altruista e ambicioso feito coa suma de talentos e vontades con moitos obxectivos á vista pero principalmente para atraer inversións e desenvolvemento na economía local.

O Canónigo da Archidiócese de Braga, José Paulo Abreu, tamén destacou na súas declaracións o aspecto espiritual da ruta como unha oportunidade de converter este camiñar nunha ferramenta para coñecerse a un mesmo e aos demáis.

Os Alcaldes e Presidentes das 29 cámaras e concellos polos que discurre a ruta que acudiron á Cañiza, manifestaron, en 4 quendas de intervencións, o gran potencial que supón a Vía para frear a despoboación do rural e para dinamizar e promover accións económicas revitalizadoras.

Os autores intelectuais da Ruta, José de la Riera e Luis Martínez “do Freixo” explicaron as singularidades do trazado, empezando pola súa xénesis e o seu potencial para captar turismo de natureza. José de la Riera expuso as razóns que deron pe á creación desta ruta e o potencial que marca a diferencia con outros camiños de peregrinaxe. Para estes expertos non cabe dúbida de que a Vía Mariana ten unha proxección de futuro firme.

Ao rematar o Concello da Cañiza deu a oportunidade aos representantes das 24 institucións de degustar a nosa gastronomía. A coñecer a nosa potencialidade gastronómica saboreando o noso xamón, o cocido, os nosos viños e a tetilla dos queixos artesanais elaborados na Cañiza acompañada da mel dos nosos apicultores.

 

PARTICIPANTES NESTE 1º ENCONTRO TRANSFRONTEIRIZO

Preside: Alcalde do Concello da Cañiza, Don Luis Piña

Deputación Provincial de Pontevedra. Deputada Provincial Dona Raquel Giráldez

Presidenta da Asociación Vía Mariana, Dona Mª José Silva

Cónego da Archidiócese de Braga, Reverendo Señor Don José Paulo Abreu

Vereador de Ambiente, Energía e Deselvolvemento Rural do Municipio de Braga, Enxeñeiro Altino Bessa.

Alcalde do Concello de Muxía, Don Iago Toba Campaña

Directora da Oficina de Turismo do Sameiro, Dona Rosa María Silva

Presidente da Cámara Municipal Dos Arcos de Valdevez, Doutor Joao Manuel Esteves

Vereadora da Cultura do Municipio de Vila Verde, Doutora Julia Fernandes

Presidente da Cámara Municipal de Melgaço Doutor Manoel Batista Calçada

Presidente da Cámara Municipal de Ponte da Barca, Doutor Augusto Marinho

Alcalde do Concello de Arbo, Don Horacio Gil

Alcalde do Concello de Campo Lameiro, Don Carlos Costa

Alcalde do Concello de Covelo, Don Pablo Castillo

Alcalde do Concello de Baña, Don José Antonio Pereira

Alcalde do Concello de Cuntis, Don Manuel Campos

Tenente de Alcalde do Concello da Lama, Don David Carrera e Concelleiro de Cultura Don Daniel Vidal.

Alcalde do Concello de Fornelos de Montes, Don Emiliano Lage

Concelleiro de Turismo do Concello de Mazaricos, Don Jorge Sanmartín Rial

Alcalde do Concello de Mondariz, Don Xosé Emilio Barros

Alcalde do Concello de Ponte Caldelas, Don Andrés Díaz

Técnico de Xuventude , Turismo e Eventos do Concello de Santa Comba, Don José Manuel Vázquez.

Alcalde do Concello de Valga, Don Xosé María Bello Maneiro

Tenente de Alcalde do Concello de Vimianzo, Don Víctor Muiño

Alcalde do Concello de Zas, Don Manuel Muiño.

 

 

Las credenciales y la Mariana, como se llama el certificado final, las envía la Asociación Vía Mariana Luso-Galaica, se distribuirán en los puntos de inicio y fin, Braga o Mugía, porque la ruta es bidireccional, y también en otros ayuntamientos implicados.

 

compartir

axenda