NovasIr a esta sección

A Cañiza acolle por primeira vez un Curso Federativo de Monitor de Fútbol Base
Data de publicación: 24 de agosto de 2018
Organizado pola Real Federación Galega de Fútbol coa autorización da RFEF, a través da Escola Nacional de Adestradores e en colaboración co Concello de A Cañiza.

O Alcalde, Miguel Domínguez e a Presidenta do club cañicense A.D. CAÑIZA C. F, Mónica Almuiña, acompañaron ao Director da Escola de Adestradores e ao Coordinador do curso, Manuel Mosquera e José Luis Mosquera, na presentación da convocatoria que tivo lugar no Salón de Plenos do Concello.

Xa está aberto o prazo para que todos os interesados poidan inscribirse neste curso que se impartirá nas instalacións da aula CEMIT da Cañiza. Máximo 35 alumn@s.

O calendario exténdese a todo o mes de setembro con 3 semanas de catro clases de luns a venres e unha semana de 5 clases de luns a sábado. Un total de 21 clases de 3 horas cada unha en horario de 19 h30 a 22 h30, excepto os sábados que o horario cambia á mañá de 10h00 a 13h00.

O curso ten un custo de 150 €uros e para poder acceder ao mesmo é necesario ter 16 anos cumpridos, efectuar a inscrición durante o período aberto que será do 24 de agosto ata o día do inicio do curso e estar en posesión do Título de Graduado en Educación Secundaria ou título oficial equivalente segundo plan de estudos do aspirante.

Segundo a propia Federación “o curso ten como obxectivo proporcionar aos alumnos a formación que garanta adquirir os coñecementos e habilidades necesarias que permitan desenvolver o seu labor, mediante competencia técnica e profesional nas competicións organizadas pola Real Federación Galega, con profesionais que actuaron no ámbito do fútbol, utilizando os medios materiais e humanos que dispón a Real Federación Galega de Fútbol e completar a formación de Monitor de Fútbol Base mediante os ensinos conducentes á obtención do Diploma Federativo”

Formulario de inscrición

Formulario de autorización de imaxe e fotografía

Amplía neste enlace toda a información do curso e consulta as materias a impartir

 

 

compartir

axenda