NovasIr a esta sección

A Cañiza acolle o Campionato Galego de Danza Urbana Hip Hop
Data de publicación: 30 de abril de 2019
O domingo 5 de maio, nunha longa xornada na que xa está confirmada a asistencia de máis de 450 bailaríns de toda Galicia que competirán nas categorías de grupo, individual e parellas. Organizado por MUEVETE DANCE ESTUDIO conta coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e do Concello de A Cañiza. Paralelamente á celebración deste Campionato Galego, disputarase o 1º Open Nacional de Danza Urbana que será puntuable para o ranking nacional da Federación Española de Baile Deportivo, certame que terá lugar en Guadalajara a finais do mes de xuño.

A CAÑIZA ACOLLE ESTE DOMINGO 5 DE MAIO O CAMPIONATO GALEGO DE DANZA URBANA HIP HOP

 

A Cañiza xa está preparada para acoller ás máis de 700 persoas que nos visitarán este domingo, 5 de maio, para competir e presenciar o Campionato Galego e 1º Open Nacional de Danza Urbana Hip Hop. Evento que se celebrará nas instalacións do pavillón municipal da Vila, na rúa Carballo do Marco.

O campionato comezará a partires das 9h30 para os máis de 39 grupos que disputarán os primeiros postos nas categorías de Baby (nenos de 4 a 9 anos), Infantil (de 10 a 12), Junior (13 a 15 anos), Youth (de 16 a 18), absoluta (a partires de 19 anos), categoría especial Premiun para nais e pais e Megacrew (grupos con máis de 21 integrantes). Outros 16 grupos competirán tamén nas categorías de individual e parellas.

O xurado valorará ademáis da interpretación musical e técnica, aspectos como a orixinalidade, sincronización, vestiario, variedade de estilos, forza e intensidade e esencia de hip hop.

A entrega de premios do 1º Open Nacional está prevista para as 13h30 e do Campionato Galego ás 19h00.

As entradas de acceso ao público, 7€ por persoa, poderán adquirirse no pavillón o propio domingo e darán dereito a acceder ás instalacións durante toda a xornada.

Dende a organización desexan dar as grazas a todos os colaboradores e establecementos pola acollida amosada con este campionato.

 

MUEVETE DANCE ESTUDIO: ORGANIZADOR DO EVENTO

Esta Escola de Baile, con sede en A Cañiza, fundouse no ano 2013 por Raquel Rodríguez Gutiérrez, entrenadora de Hip Hop e de C e B de Caribeños. Actualmente é a responsable de Hip Hop de Galicia da Federación Española de Baile Deportivo.

compartir

axenda