NovasIr a esta sección

25 de Novembro. Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Data de publicación: 22 de novembro de 2018

O Concello de A Cañiza súsame aos actos do 25 de novembro coa creación dunha nova sección literaria na Biblioteca Municipal baixo o título “Recuncho para a Igualdade”

Miguel Domínguez presentou esta mañá este novo espazo acompañado da Concelleira de Servizos Sociais, Ana Cerviño.

Trátase dunha iniciativa dos Servizos Sociais do Concello que pretende extender estas accións a todo o ano, presentando ferramentas que permitan sensibilizar e educar dende idades temperás.

 

Este ano o Concello, pon especial interese no acceso á información e na difusión de materiais de lectura e consulta como ferramentas importantes para a sensibilización e prevención de conductas violentas dende idades temperás. Para materializar este obxectivo creouse na biblioteca Municipal o “RECUNCHO PARA A IGUALDADE”,  que  pretende ser un espazo diferenzado onde ofrecer outras formas de lectura  que rompan cos estereotipos tradicionais sexistas, e representen a sociedade en termos de igualdade, respeto e non violencia.

A partires de hoxe, na Biblioteca Municipal, todos os nen@s e adolescentes poderán consultar esta nova sección literaria onde atoparán toda unha estantería con folletos, cómics e libros baixo esta temática.

O Concello destina a primeira partida de libros  e asume o compromiso de ampliar a súa oferta: os materiais pódense consultar  no folleto do Recuncho que o venres traerán todos os alumn@s do CPI e do CEIP de Valeixe nas súas mochilas para a consulta dende os fogares.

Consulta neste enlace a Guía LECTURAS  PARA A  IGUALDADE 

A esta innovadora acción súmanse as actividades programadas ao longo do ano para o fomento da igualdade efectiva entre homes e mulleres  e a prevención das violencias machistas.

  • Durante o mes de Novembro e o mes de Decembro desenvólvese por segundo ano consecutivo o taller de benestar emocional e autoestima “Bos días espertando a nosa saúde” que este ano incorpora á súa programación dúas sesións de arterapia. A actividade está dirixida a mulleres e ten como obxectivo crear un espazo de reflexión e aprendizaxe de apoios positivos para a saúde emocional, o benestar e o coidado nas relacións de parella.

 

  • Dirixido á poboación adolescente, desenvolverase nas vindeiras  semanas o obradoiro “Eu- Ti Nos”: Un mundo de  sensacións”  co obxectivo de sensibilizar e educar en hábitos afectivo-sexuais saudables, de cara a favorecer  relacións de parella igualitarias na mocidade. Esta actividade completa o obradoiro: Mocidade e igualdade: fomentando relacións afectivas sans” realizado no mes de marzo.

 

  • Para a poboación mais nova, dase continuidade ao obradoiro de habilidades sociais que o Concello oferta a través do” servizo de educación e apoio as familias”, dirixido ao alumnado de 5 º de primaria. Durante o primeiro trimestre,  aproveitando a data do 25 de Novembro, centra a súa temática na violencia de xénero: cómo se orixina, as súas diferentes formas e cómo a sociedade a sustenta.  Esta parte do obradoiro rematará  co visionado e posterior análise da película Billy Eliot.  
compartir

axenda