Corporación, comisións e plenoIr a esta sección

Xunta de Goberno

 

Xunta de Goberno

 

A Xunta de Goberno é o órgano municipal que colabora na función de dirección política que lle corresponde ao alcalde, que é ademais o seu presidente e o encargado de nomear os seus membros.

Os membros da Xunta de Goberno do Concello da Cañiza son concelleiros.

A Xunta de Goberno debe responder ante o Pleno das súas actividades, sen prexuízo de que a responsabilidade destas caia de xeito directo sobre cada un dos membros da Xunta. Así mesmo, as persoas que compoñen a Xunta teñen o dereito de asistir as sesións plenarias e participar nos seus debates.

Entre as atribucións que lle corresponden á Xunta de Goberno está a aprobación de proxectos relativos a ordenanzas, orzamentos e regulamentos, a aprobación de proxectos de ordenación urbanística previa á súa discusión no Pleno, así como a daquelas cuestións que non estean expresamente atribuídas ao Pleno, a aprobación da relación dos postos de traballo e as retribucións dos mesmos de acordo ao orzamento aprobado polo Pleno.

Outras responsabilidades de Xunta de Goberno son as concesións e contratacións de licenzas, o desenvolvemento da xestión económica, e o nomeamento e o cese dos titulares dos órganos directivos do Concello. Ademais, a Xunta de Goberno pode levar a cabo accións xudiciais e administrativas e ten potestade sancionadora.

 

 

Membros da Xunta de Goberno local:

Preside:  Miguel Adolfo Domínguez Alfonso (alcalde)


Ana María Cerviño Alvarez ( 1ª Tte. De Alcalde )

Carlos Rincón Moraña ( 2º Tte. De Alcalde)

Ana Belén Alejandro Alvarez ( 3ª Tte. De Alcalde )

Rubén Fernández Reinaldo ( 4ª Tte. De Alcalde)

 

  xunta_de_goberno.pdf
compartir