RutasIr a esta sección

XANDAINAS RUTAS DE SENDEIRISMO

Descubre os sendeiros naturais e a gastronomia de A CAÑIZA

Organizado por Espazio Natura

A actividade inclúe guia especialista, bocadillo de xamón ou queixo, seguro de RC e moita natureza. 

A Xandaina é unha actividade que se desenvolve o 2º fin de semana do mes dende setembro a maio.

Descobre os carreiros naturais e a gastronomía de A Cañiza

Gústache o senderismo?

Queres aproveitar os fins de semana para facer unhas rutas de natureza pola Paradanta? 

Pois non o penses máis: colle a túa mochila e atrévete a descubrir estes camiños naturais de A Cañiza.


O programa Xandaina é unha actividade que compaxina deporte e gastronomía, non en balde A Cañiza é a terra do Xamón. A oferta de rutas de senderismo no Paradanta é amplísima, é terra de contrastes e vida. Terra de montañas e crebadas, de ríos e prados, terra máxica, terra de Luz. Xandaina é unha actividade guiada que se desenvolve cada segundo fin de semana do mes (Setembro a Maio).

Cada mes propoñémosche unha ruta diferente, cada unha, cos seus recursos históricos, paisaxísticos ou naturais e cun nivel de dificultade e duración diferentes. A Cañiza é famosa polo xamón. ¡ quén non parou a tomarse un bocadillo de xamón neste pobo!!!!!. Co programa Xandaina tamén queremos recuperar esa tradición e por este motivo a inscrición á actividade  inclúe un bocadillo de xamón, que podes tomar en calquera dos locais que están asociados a este programa.

O sendeirismo está en auxe e é un dos deportes máis sans. Nos nosos tempos o camiñar é unha necesidade, debido á vida sedentaria que levan unha gran parte das persoas, tamén é unha necesidade o achegarse á natureza, o motivo é que cada vez máis persoas viven na cidade e carecen de contacto coa natureza, aire limpo e augas vivas. O contacto a natureza é imprescindible para unha vida saudable.



Xandaina Senderismo 2017 | Podes inscribirte en calquera dos establecementos asociados, no Concello ou enviando o formulario de inscrición.


Entra neste enlace para inscribirte e ampliar información

 

Xandaina  | Domingos
8 € cada adulto ou neno maior de 12 anos,
2 € Seguro accidentes (necesario para todas as persoas que non dispoñan de tarxeta federativa de montaña)
Incluie: guía da actividade, bocadillo de xamón serrano ou queixo, seguro Rc e seguro de accidentes.
 

 

compartir