RutasIr a esta sección

Ruta dos Muiños de Petán e Deva

Os muiños de auga foron sen dúbida un dos inventos preindustriales máis sofisticados. Na idade media, as xentes da Cañiza desenvolveron unha necesaria facenda muiñeira aproveitando os centos de correntes de auga que discorren polo seu territorio, procedentes sobre todo do río principal: o Deva. Por iso a recuperación destas edificaciones tradicionais, que constitúen un dos legados máis representativos da arquitectura popular galega de séculos pasados, serven para ampliar os nosos coñecementos e participar da sabedoría dos nosos antepasados.

Rutas turísticas como a dos Muiños de Petán e Deva recórdannos que outrora estas modestas instalacións eran unha das principais fontes de abastecemento para os lugareños.
 

 

RUTA DOS MUIÑOS


Ruta dos Muiños de Petán
Traxecto: 5 Km.
Ruta circular
Inicio recomendado: Lugar de Aldeiña (Petán)
Tempo aproximado: 2 horas
Dificultade: baixa



Ruta dos Muiños de Deva
Traxecto: 8 km.
Ruta circular
Tempo aproximado: 3 horas
Dificultade: media

Particularidades: o percorrido das dúas rutas é por camiños de terra antigos con abundante vexetación. Discorren paralelas á canle do río Deva.

Seguindo o río iremos penetrando en paraxes frondosos salpicados de muiños fariñeiros e de fontes naturais. Pode realizarse en calquera estación do ano si o tempo acompaña.

Recomendacións: é convinte informarse antes de emprender unha marcha e o idóneo é ir acompañado de guías que coñezan ben cada zona. Poden solicitar información no Concello da Cañiza (986651000) ou contactando coa Comunidade de Montes de Petán ( solicitar o teléfono no Concello)

Historia

Os muiños de auga foron sen dúbida un dos inventos preindustriales máis sofisticados. Na idade media, as xentes da Cañiza desenvolveron unha necesaria facenda muiñeira aproveitando os centos de correntes de auga que discorren polo seu territorio, procedentes sobre todo do río principal: o Deva.

Os muiños de auga, aproveitando a enerxía do río, abastecían a barrios e familias enteiras de fariña de distintos cereais. A produción dos muiños incrementouse a partir do século XVII grazas á extensión do cultivo de maíz, procedente de América. Aínda que tardía en Galicia, coa chegada da revolución industrial estes enxeños foron aos poucos quedando arrinconados nas beiras fluviales máis recónditas, sepultados pola vexetación salvaxe.

Por iso a recuperación destas edificaciones tradicionais, que constitúen un dos legados máis representativos da arquitectura popular galega de séculos pasados, serven para ampliar os nosos coñecementos e participar da sabedoría dos nosos antepasados.

Rutas turísticas como a dos Muiños de Petán e Deva recórdannos que outrora estas modestas instalacións eran unha das principais fontes de abastecemento para os lugareños.

Seguindo o río poderemos rememorar aqueles tempos coñecendo de primeira man o engranaxe destes muiños e apreciando a alta densidade dos mesmos nas beiras do Deva, ata poderemos observar os seus mecanismos, xa que algún está habilitado.

A ruta é tamén un exercicio botánico, pois descubriremos un extenso muestrario de árbores autóctonos nun curto treito.

compartir