RutasIr a esta sección

Camiño do Vento. Un percorrido polo Monte Pedroso

 

A Comunidade de Montes de Ribadil de Oroso, acondicionou  no ano 2004 un novo carreiro coñecido como “O Camiño do Vento” que nunha hora e cuarto permite coñecer un pouco máis de cerca o parque  eólico do Pedroso, pero sobre todo gozar do monte. Esta ruta de catro quilómetros e medio por pistas de terra, iníciase a unha altitude próxima aos 750 metros, chegando a alcanzar, a metade do camiño, os 900. O percorrido non deixa indiferente ao caminante.

Si interesante é o carreiro, o panorama que se divisa desde o alto destes molinos aínda o é máis, aínda que os turistas ou senderistas máis atrevidos que visiten o monte e o parque, terán que contentarse con imaxinalo porque non está permitido o acceso.

O percorrido completo pode facerse en aproximadamente 1 hora e 15 minutos.

Despois de chegar á aldea de Ribadil de Arriba, deixamos a pista diante da Fonte de Pedra ( tamén coñecida como fonte da Tía Avelina), e tomamos á esquerda (aparcamento).

Atoparemos un cortalumes en forte pendente que nos levará sempre á esquerda faldeando o monte ata o cruce da pista principal que sube ao parque eólico do Pedroso. Nós tamén subiremos.

No quilómetro 1 veremos, á esquerda, pegado á pista, o piñeiro de "Neptuno": iso determinará a nosa ruta.

300 metros máis adiante, cando parece que xa rematou a subida, deixaremos a pista principal e tomaremos á dereita.

Seguimos subindo, sempre de fronte e cando cheguemos á zona máis cha tamén deixaremos á dereita unha antiga caseta forestal.

Poderemos achegarnos para albiscar a pé do muiño nº 61 as fermosas vistas que nos ofrece.

Retomamos a pista anterior e a 200m atopamos o muiño nº 55 ( Km. 2,5, altitude de 948 m.).

Xiramos á dereita e baixando, antes de chegar ao muiño 56, xiramos á esquerda.

Continuamos pola nova pista forestal sempre en forte descenso.... ata chegar de novo á aldea de Ribadil.

 

RECOMENDACIÓNS:

- Estudia a ruta. Si decides facela en inverno ten en conta as horas. Evita as horas de noite.

- Sombreiro ou visera

- Botas d emonte ou calzado deportivo

- Non espantar ou xogar co gando que nos atopemos no monte ( sobre todo vacas e cabalos)

-Respetar á natureza non deixando lixo no monte.

-Moito coidado coas colillas e coas fogueiras.

Recomendamos levar cámara de fotos

 

 

 

compartir