Formación /actividadesIr a esta sección

curso de iniciación e reciclaxe de Cronometraxe

Organizado pola Escudería SURCO

o 30 de abril de 2017 na Casa de Cultura de A Cañiza

Prazas limitadas

infórmate

 

 

A CAÑIZA ACOLLE O 30 DE ABRIL O I CURSO DE INICIACION E RECICLAXE DE CRONOMETRAXE

    Organizado pola Escudería Surco coa colaboración do Concello e a Federación Galega de Automobilismo.

    Este curso e totalmente gratuito e será impartido no Auditorio da Casa de Cultura de A Cañiza e nos seus arredores. A duración será dunha xornada con dúas partes, teórica e práctica.

A primeira parte do curso que se impartirá de 10h00 a 14h00 será fundamentalmente téorica, con explicacións de cómo funcionan os equipos de cronometraxe, qué é un carnet de ruta, para qué sirve e cómo se complementa, qué son os controis dun rally, para qué serven e as súas obrigas e funcions.

Pola tarde, en horario de 16h00 a 20h00, os cursillistas terán a oportunidade de por en práctica todo o aprendido na parte teórica. Asemesmo farase unha simulación de rally, cos seus respectivos controis e no que todos os alumnos pasarán por eles poñendo en práctica os seus coñecementos.

 

compartir