FestasIr a esta sección

Romaxes da Nosa Señora Santa María de A Franqueira

O lugar de A Franqueira acolle as antiquísimas romaxes da Nosa Señora da Fonte como tamén se coñece á Virxe. Declaradas Festa de Interese Turístico de Galicia.

Moitas son as celebracións litúrxicas de carácter mariano que, ao longo do ano, se celebran na nosa Comunidade. De especial renombre é a romaxe de Primavera na honra da Nosa Señora a Virxe da Franqueira, festividade coñecida por moitos como As Pascuillas e que destaca, ademáis de polos oficios relixiosos e antigas liturxias, pola complicidade e armonía que se respira entre as xentes que participan nas numerosas peregrinacións.

AS ROMAXES DA NOSA SEÑORA SANTA MARÍA DE A FRANQUEIRA

O lugar de A Franqueira acolle as antiquísimas romaxes da Nosa Señora da Fonte como tamén se coñece á Virxe. Declaradas Festa de Interese Turístico de Galicia.

Moitas son as celebracións litúrxicas de carácter mariano que, ao longo do ano, se celebran na nosa Comunidade. De especial renombre é a romaxe de Primavera na honra da Nosa Señora a Virxe da Franqueira, festividade coñecida por moitos como As Pascuillas e que destaca, ademáis de polos oficios relixiosos e antigas liturxias, pola complicidade e armonía que se respira entre as xentes que participan nas numerosas peregrinacións.

A romaxe tamén brinda a excusa perfecta para perderse entre as paixases da alta montaña salpicada polas cores das xestas e da chorima e de voltar a percorrer e descubrir as veredas e sendeiros que conducen á Franqueira.
Non se sabe certo cando comenzou a celebrarse esta romaxe. O que sí trascendeu é que a súa veneración remóntase a séculos pasados, non en van esta virxe de granito de corte monxil, está considerada polos historiadores como unha das imaxes marianas máis antigas de toda Galicia, xunto coa Virxe da Barca de Muxia e a Virxe das Ermidas do Bolo. Se ten constancia de que ás tres, se lle deu culto xa no século VII.

Festa de Interese Turístico de Galicia.

A súa antigüedade, xunto coa devoción que lle profesan os milleiros de galegos e romeiros do norte de Portugal e a particularidade da romaxe, foron aspectos considerados pola Xunta de Galicia para declarala Festa de Interese Turístico da Comunidade Autónoma hai 16 anos.
Da súa historia, a súa lenda, as súas romaxes, o santuario e o mosteiro se publicaron diversas monografías. Tamén foron moitos os escritores que escribiron sobre esta imaxe tallada en granito de trazas románicas con reminiscencias góticas, cuio autor podería ser un canteiro galego.
Contan os lugareños que orixinariamente a imaxe esculpírase nun único bloque de pedra cunha altura cinco veces superior á actual talla da Virxe e que este pilar, co paso do tempo, e por razóns de manexabilidade, foise acortando polos canteiros do lugar que correron diversa sorte.

O pintor Sotomayor e o poeta Cabanillas visitaron o Santuario a principios do século XX

Verdade ou lenda o certo é que a imaxe da Virxe da Fonte, como tamén se coñece, non deixa indiferente a quen a admira por vez primeira e así o testemuñaron os pintores, xornalistas, escritores e poetas que xa nos anos 20 do pasado século acudían ao alto do Santuario para saber daquela romaxe.
Este é o caso do escritor galego D. Ramón Cabanillas quen recuperou un peculiar romance que recreaba, en verso, a loita dialéctica entre un príncipe mouro e un devoto cristiá. Esta loita verbal forma parte dunha das lendas da Virxe e da representación teatral que todos os 8 de setembro se escenifica na romaxe de verán, data na que se festexa o nacemento de María.
Ata estas terras da Paradanta viaxou tamén no ano 1.922 o pintor ferrolán Fernando Álvarez de Sotomayor y Zaragoza, quen dominando á perfección a temática do costumbrismo labrego, plasmou nun lenzo de 1.98 x 2.12 a obra “PROCESIÓN DA VIRXE DE A FRANQUEIRA”, actualmente propiedade do Centro Galego de Bos Aires que o exhibe no seu Salón Presidencial. O cadro é testigo directo da impronta que deixou a romaxe en quen, no seu día, foi director do Museo do Prado. A memoria popular tamén gardou como reliquia as visitas que, nalgunha ocasión, realizou ao Santuario como peregrina “A Raíña Santa”. A historia daqueles tempos conta que así era chamada polo pobo a Infanta Dona Isabel, filla de D. Pedro III de Aragón e que foi raíña de Portugal pola súa boda co Rei Dionisio I e venerada nos altares co nome de Santa Isabel de Portugal. Ata que se construíu a estrada actual que comunica Ourense con Vigo, a mediados do século XIX, pasaba pola pequena poboación da Franqueira o Camiño ou Vereda Real de Ourense a Tui e Vigo.

A Virxe é Alcaldesa Honoraria da Vila da Cañiza

Como dato histórico cabe destacar que o 21 de xullo do ano 1963, Fray José López Ortiz coroou canónicamente a “venerada imaxe da Virxe” e o 23 de xullo de 1988, D. José Cerviño e Cerviño, na celebración das Bodas de Plata da Coroación, consagrou a Diócesis de Tui-Vigo á Virxe.
Ademáis a Nosa Señora da Franqueira é Alcaldesa Honoraria da Vila da Cañiza dende o ano 1.957. Neste ano, nun Pleno Extraordinario celebrado o 31 de maio, o Alcalde daquel entonces deu conta á Corporación do entusiasmo con que a poboación agardaba o momento da Coroación canónica, que se celebraría case seis anos despois, e coma unha homenaxe previa a este acto da coroación canónica se decidiu, por unanimidade, nomeala Alcaldesa Honoraria.


No século XVIII celebrábanse cinco romaxes na súa honra

En canto á súa veneración, consta que antigamente se celebraban no Santuario cinco festas marianas: na Pascua de Nadal, na de Resurrección, Pentecostés, o día da Asunción da Virxe o 15 de agosto e o día do Nacemento de María o 8 de setembro. De todas elas na actualidade so se celebran dúas: a Romaxe de Primavera, máis coñecida como As Pascuillas e a de Verán o 8 de setembro.

SANTUARIO DE A FRANQUEIRA: entra no enlace do Santuario e coñece toda a historia, tradición e veneración

O prestixioso pintor cañicense Diego de Giráldez, tamén pintou á virxe no ano 2010

compartir