FestasIr a esta sección

IX Feira Gastronómica do Lacón con Petelo

Durante todo o fin de semana do 18 e 19 de marzo, organizado polo Concello de A Cañiza en colaboración coa Asociación Os Furafollas de Oroso. 

Nunha gran carpa instalada na Praza Maior, todas as persoas que desexen visitarnos poderán degustar a tapa do lacón con petelo 

 Ademais o Concello ten previsto a apertura de varios obradoiros de oficios tradicionais onde poderán participar nenos e adultos

 

 

Tamén se poderán admirar pezas etnográficas procedentes da prestixiosa Casa Museo Pazo dá Cruz de Covelo propiedade de Maximino Fernández Sendín e do Museo particular de Manuel Estévez García, veciño moi querido e admirado de A Cañiza.

Qué é o Petelo

Programa de actos do Lacón con Petelo

A Cañiza celebra este fin de semana, 18 e 19 de marzo, a súa gran festa gastronómica que pecha a tempada de inverno: o Lacón con Petelo. Unha festa con sabores do pasado que pretende non só enxalzar a rica gastronomía desta zona de media montaña, senón tamén recuperar as tradicións, os oficios e a cultura musical dos nosos antepasados.

 

 

 

 

Durante o fin de semana de San Xosé, A Cañiza volverá ás décadas dos anos 20 ao 40 para ofrecer o mellor deses tempos, recuperando unha das receitas que fixeron posible a supervivencia dos cañicenses nos difíciles tempos da postguerra española: o lacón con petelo. Un prato forte, sobrio e cheo de sabor que durante os días 18  e 19 de marzo todos os que nos visiten poderán probar en forma de tapa na gran carpa que o Concello ten instalada na súa Praza Maior.

Será este ano a Asociación Furafollas de Oroso quen se encargará de cociñala e servila ao prezo de 3 euros con agasallo incluído en forma de pequeno prato de cerámica. Un apetitoso aperitivo que servirá para abrir boca pero que despois se poderá completar con calquera dos menús que ofrecen os restaurantes de A Cañiza.

A carpa da Praza Maior estará ambientada na década da postguerra e nela estarán instalados, ademais da cociña e o comedor da época, os artesáns da cestería que ademais de impartir 6 obradoiros durante os dous días en horario de 5 a 8, ofrecerán unha demostración e exposición desta arte tradicional milenaria. Outros dous obradoiros estarán abertos durante as xornadas; o de coiro que o sábado ofrecerá 2 clases para adultos e 2  para nenos en horario de 5 a 8 e un terceiro obradoiro unicamente o domingo: de pan branco e pan de millo ou “bicas” no que os nenos e mozos poderán amasar e facer os seus propios pans. Este obradoiro comezará ás 5 da tarde.

 Media hora antes, Máximino Fernández, propietario de Cása Museo Pazo da Cruz, que tamén participa nestas xornadas exhibindo parte das pezas do seu Museo, dará unha clase mestra sobre a historia do Pan, os fornos, muíños e cereais explicando con rigorosidade o seu paso polas distintas épocas de forma amena e didáctica. A charla terá lugar xunto ao Museo do Pan onde se poderán  apreciar  os cereais máis primitivos, como a escanda, o mijo, o panizo, o sorgo e tamén os máis comúns como o trigo, a cebada, a avena, o centeo e o millo, así como medidas agrarias: ferrado, celemín e copín, entre outras. Ademais inclúense muíños do neófito, barquiformes, de morteiro, circular romano, arados, trillos e outras moitas ferramentas de seménta e recolección.

 Tamén da man de Maximino nos adentraremos no espazo”Os retallos do Profesor”, ou o que é o mesmo “minutos do saber”. Durante o domingo pola mañá este prestixioso historiador instruiranos desde a súa escola (outra das pezas do seu Museo que se poderán admirar na Praza Maior) sobre a historia das chaves, os pequenos instrumentos musicais e os denarios romanos.

Pero a gran carpa da Praza Maior non só acollerá pezas de Cása Museo Pazo da Cruz xa que o cañicense Manuel Estévez García  tamén contribuirá a engalanar este espazo coas pezas etnográficas do seu museo particular onde non faltarán nin o carro galego nin os famosos bancos corridos.

E como se trata de festa, non pode faltar a música tradicional a cargo dos grupos da zona Os Furafollas de Oroso, Santa Cristina de Valeixe e o grupo  Folck Os do Cruceiro. Tamén contaremos coa actuación do Grupo Ronco@folk de Ponteareas. Eles serán os encargados de amenizar esta gran festa de inverno que rematará o domingo cunha gran chocolatada con biscoitos ao prezo simbólico de 1 euro.

 

O Concello de A Cañiza e os membros da Asociación Os Furafollas de Oroso, vos agardan nesta festa que despide o inverno co mellor da nosa gastronomía.

 

Pero qué é o petelo?

É  o produto que se obtén de amasar a fariña de millo na auga do caldo

Unha vez feita a masa, elabórase a golpes unha peza redonda apelmazada que se mete no caldo, sen ningún elemento fermentador, para que coza ao mesmo tempo e así absorba todos os sabores dos ingredientes do cocido que é o que o fai especialmente saboroso. O tempo de cocido é de 15 minutos aproximadamente.

Sérvese na comida galega cortado en liscos de 2 centímetros, mesturado co lacón, chourizo, cacheira de porco, berzas e patacas.

A preparación do petelo ten unha singularidade que é o moído da fariña de millo. Cando se moía o millo nos muíños do río, a fariña máis fina que esbaraba do pé do muiño era a que se recollía en sacos aparte para facer as papillas dos críos e tamén para elaborar os típicos petelos. Esta fariña fina tamén se chamaba fariña do gomo e diferenciábase da fariña máis gorda que se utilizaba para outros mesteres.

O petelo é un produto da postguerra,  ao que se acudiu para paliar as necesidades e escasezas que axexaron ás familias unha vez finalizada a Guerra Civil española. Os cañicenses, grazas á abundancia de millo nestas terras, tomaron este elaborado para substituír a outros alimentos.

Os nosos maiores tamén lembran que antigamente  o que sobraba do mediodía aproveitábase na cea da noite. Se rehogada e recalentaba de novo o petelo  na tixola, cociñándoa coa graxa de fritir os chourizos e os ovos.

Coa celebración desta festa que practicamente pecha a época invernal, preténdese conseguir dous obxectivos: potenciar o gusto pola comida tradicional galega, recuperando un costume case esquecido e converter o evento nunha plataforma para promocionar a hostalería da Vila que está apoiada por contar con excelentes produtos cárnicos, ao posuír, A Cañiza, un microclima especial que permite que o curado das carnes do porco consiga un nivel de primeira calidade.

Así  A Cañiza completa a oferta gastronómica do xamón coa celebración de dúas festas: unha no inverno e outra no verán: a Feira do Xamón que este ano alcanzará a súa 51 edición e celebrarase o 15 de agosto.

Durante todo o fin de semana os restaurantes de A Cañiza ofrecerán nos seus menús o riquísimo Lacón con Petelo ademais doutras suculentas receitas polas que tamén é coñecida a Cañiza como os seus cocidos ou o afamado xamón.

 

 

 

 

 

 

 

 

compartir