FestasIr a esta sección

50 FEIRA DO XAMÓN DE A CAÑIZA. 15 de agosto

A Cañiza celebrou o 15 de agosto de 2016 a 50 edición da súa feira máis coñecida: A Festa - Feira do Xamón. 

A xornada gastronómica comezou a partires das 11,00 da mañá coa saída da Comitiva do xamón desde as portas da Casa Consistorial de A Cañiza. O desfile estivo presidido polos típicos carros do país guiados por bois, seguidos de mozos ataviados con traxes rexionais, quen, á súa vez, portan algunhas das bandexas de xamón. Todos eles acompañados por un grupo folclórico e polos centenarios cabezudos da Vila dos que xa existía constancia no ano 1902. A comitiva desfila polas rúas de A Cañiza ata chegar á Carballeira do Cacharado , onde, desde as 11 da mañá, pódense adquirir, nunha palloza cuberta de colmo, os tikes que dan dereito á degustación das diferentes tapas de xamón postas á venda.   A Feira do Xamón de A Cañiza tamén foi declarada pola Xunta de Galicia como Festa de Interese Turístico da nosa Comunidade Autónoma.

Consulta neste enlace toda a programación e información de interese

BENVIDA DO ALCALDE DE A CAÑIZA

A Festa - Feira do Xamón de A Cañiza cumpre 50 anos. Unha longa traxectoria percorrida por un extraordinario grupo de homes e mulleres desta terra que puxeron a súa ilusión e empeño en ofrecer e dar a coñecer a turistas e visitantes o mellor de A Cañiza no sector gastronómico: o noso xamón. E a súa perseveranza foi tal que hoxe os cañicenses temos o pracer de celebrar o seu 50 Aniversario. Toda unha honra que queremos compartir convosco, cos amigos e veciños, turistas e visitantes, emigrantes e estranxeiros sen cuxo apoio e participación non sería posible cumprir as nosas Vodas de Ouro.

A todos benvidos. E benvidos tamén aos novos amigos que desexen visitar A Cañiza e a nosa festa por primeira vez. Espero, en nome de todos os cañicenses, que vos levedes o mellor recordo desta Vila coñecida como “a Terra do bo xamón en Galicia”. Estou seguro de que os nosos hostaleiros e restauradores saberán atendervos con esmero e profesionalidade e que poñerán todo o seu empeño niso,  do mesmo xeito que nós, desde o Concello, principal organizador das festas, poremos toda a nosa ilusión e traballo en conseguir organizar a mellor das edicións.

Para conmemorar esta efeméride preparamos unha completa programación baixo o lema “Semana Grande das Festas do Xamón”, do 8 ao 15 de agosto, deseñada para satisfacer todos os gustos e dirixida a todos os públicos. Música, cursos de corte de xamón e cata de viños, espectáculos infantís, conferencias en torno ao xamón, exposicións, concursos literarios e de poesía forman parte desta selecta programación que poderás consultar ao longo destas páxinas.

Os actos oficiais forman parte tamén desta semana Grande que comezará coa inauguración e presentación oficial dos festexos da man do Directora Turismo de Galicia da Xunta de Galicia, Dona Nava Castro. A entrega de galardóns e recoñecemento aos fundadores e principais organizadores das festas e o acto de homenaxe á propia festa co descubrimento dunha escultura alegórica realizada polo magnífico pintor e escultor cañicense Diego de Giráldez son quizais os actos oficiais máis importantes deste 50 Aniversario. Todo iso culminará o propio 15 de agosto coa celebración da prestixiosa Festa-Feira do Xamón de A Cañiza no centenario emprazamento da Carballeira do Cacharado.

Coa organización desta programación e actos oficiais esperamos estar á altura deste gran acontecemento.

O noso obxectivo para este 50 aniversario non é outro que ofrecer a mellor das festas e traballar para que todos os que nos visiten nestes días nos recorden con agarimo e volvan á Cañiza. Este é o noso reto. Se o conseguimos todo o esforzo e dedicación pagará a pena.

Un gran saúdo e benvidos de novo

Cartel histórico da FESTA - FEIRA DO XAMÓN. 15 de agosto de 2016 

Cartel das verbenas do 50 aniversario. 15 de agosto de 2016

Cartel do III Concurso de Cortadores de Xamón

Cartel do certame XAMONDANCE 2016

Cartel do Torneo Medieval do Grupo de Especialistas Hípica Celta. 15 de agosto de 2016

 

 

 

 

PROGRAMACIÓN DA SEMANA GRANDE DAS FESTAS

 

Acto Oficial Conmemorativo. Homenaxe aos fundadores e organizadores da Feira do Xamón

Xoves, 4 de agosto de 2016

19:00h

Auditorio da Casa de Cultura de  A Cañiza

Benvida a cargo da xornalista Rosa Mª Tebar que será a encargada de conducir o Acto

Proxección do video documental Xamón de A Cañiza: 50 Anos de Feira

Lectura do Discurso de Agradecementos por Rosa Mª Tebar

Entrega de distincións e agasallo conmemorativo aos fundadores e organizadores da Feira do Xamón durante os 50 anos de celebración.

Intervención dun portavoz dos fundadores e organizadores da Feira.

Intervención do ex Alcalde de A Cañiza César Mera Rodríguez, organizador da Feria durante 35 anos.

Intervención do actual Alcalde de A Cañiza, Miguel Domínguez Alfonso

Intervención do Presidente da Xunta de Galicia, Don Alberto Núñez Feijóo.

Foto de familia e peche do Acto

 

Presentación da 50 Edición da Feira do Xamón aos medios de comunicación

Luns, 8 de agosto de 2016.

13:00h

Restaurante Mesón do Xamón de A Cañiza

Inauguración da Semana Grande da Festa do Xamón e presentación da Feira aos medios de comunicación por parte do Directora Turismo de Galicia da Xunta de Galicia, Dona Nava Castro Domínguez.

 

Coloquio:

Pasado, Presente e Futuro da Festa do Xamón de A Cañiza.

Martes, 9 de agosto de 2016.

19:00h

Salón de Plenos do Concello de A Cañiza

Presentación  do video-documental sobre a tradición xamoneira en A Cañiza e os 50 anos de celebración da Festa – Feira do Xamón.

Presentación da publicación “Xamón de A Cañiza: 50 anos de Feira”.

Coloquio entorno ao Pasado, Presente e Futuro da Festa do Xamón de A Cañiza. Un encontro onde "compartiremos as anécdotas, logros e fracasos que se aglutinan no medio século de vida da man dos seus fundadores, organizadores, hostaleiros, e dos Alcaldes que organizaron as festas durante os seus mandatos.

Nesta Xornada tamén poderán achegar as súas experiencias os vecin@s da Cañiza, que sen dúbida foron protagonistas de excepción da transformación que foi experimentando a Feira durante estes 50 anos de celebracións.

Conferencia "Razas Porcinas en Galicia e no mundo: características e diferenzas"

Mércores 10 de agosto de 2016.

19:00h

Salón de Plenos do Concello de A Cañiza

A cargo dos membros da Asociación de Cortadores de Xamón de Galicia

 

Presentación Proxectos municipais dinamizadores do sector xamoneiro

Xoves, 11 de agosto de 2016.

20:00h

Salón de Plenos do Concello de A Cañiza

 Presentación do proxecto “Secadeiro Municipal de Xamón” e IXP (Indicación Xeográfica Protexida) do xamón de A Cañiza

o cargo do Alcalde de A Cañiza, Miguel Domínguez Alfonso

orancisco González Táboas ( Ingeniero Técnico Forestal)

Lucas García Vázquez, Arquitecto Técnico e redactor do proxecto de  secadero

 

Obradoiro do “bocata de Xamón”.

Sábado, 13 de agosto de 2016.

17:30h

Rúa Oriente. Frente á Casa do Concello

No que os nen@s poderán fabricar o seu propio bocata de xamón, empezando pola elaboración da masa de pan e cocido en fornos móviles.

A Asociación de Xamoneiros de Galicia colaborará neste obradoiro ofrecendo as mellores lonchas de xamón para engadir ao pan.

Nesta xornada tamén tentarase fabricar o bocata de xamón máis grande, cocendo unha barra de pan xigante e cortando a loncha de xamón máis larga.

 

Exhibición de Corte de Xamón e Cata de Viños

Domingo, 14  de agosto de 2016.

19:00h

Calle Oriente,  fronte á Casa Consistorial

·       Clase magister de corte de xamón a cargo dos membros fundadores da Asociación de Cortadores de Xamón de Galicia.

·       Clase de Cata de Viños a cargo do mestre adegueiro Juan Arjones

 

·       Cata de viño e xamón para apreciar a perfecta maridaxe entre estes dous soberanos das mesas galegas.

 

 

15 DE AGOSTO DE 2016: CELEBRACIÓN DA 50 FESTA - FEIRA DO XAMÓN DE A CAÑIZA

XORNADA GASTRONÓMICA a partires das  11h00 na Carballeira do Cacharado de A Cañiza ( a escasos 200 metros do acceso da A-52 )

 

Venda de tikets para degustación das distintas racións elaboradas con xamón:

* Xamón curado con pan e viño ou refresco

* Xamón asado con pan e viño ou refresco.

* Xamón Cocido ao viño tinto con pan e viño ou refresco.  

* Empanada  de Xamón con pan e viño ou refresco

* Tortilla de Xamón con pan e viño ou refresco.

Prezo das racións: 5,00 euros para calquera especialidade.

Con motivo do 50º Aniversario con cada ración regalaremos un pano conmemorativo e unha rifa que dará dereito a participar no sorteo de 2 xamóns durante a xornada da mañá do 15 de agosto.

 

11:00. Comezo da competición de especialistas de corte de xamón tamén na Carballeira do Cacharado

           Actuación do Grupo Folk "Os do Cruceiro" de A Cañiza

11:00. Recepción na Casa Consistorial.de autoridades e a todos os Concelleiros que participaron na organización da Feira dende os seus inicios 

12:00. Desfile da Comitiva desde a Casa Consistorial (r/Oriente, 11) ata a Carballeira do Cacharado. Estará encabezada polos centenarios “Cabezudos”  da Vila, o carro de bois, o Grupo Folclórico e Banda de Gaitas Santa Cristina de Valeixe, o grupo TREBOADA BAIXO MIÑO de Tomiño e os pequenos da localidade ataviados cos traxes rexionais portando as xa consagradas bandexas de xamón, 

Este ano as nen@sparticipantes na primeira edición, volverán a vestir o traxe rexional para volver a desfilar e agasallar aos visitantes cun pincho de xamón.

13:00.  Saúda de autoridades e recibimento aos asistentes. 

- Benvida da man do Alcalde de A Cañiza

 

- Lectura do Pregón do 50 Aniversario a cargo de Don José Luis Bacelar Fernández, cronista da Vila

- Entrega de premios dos concursos de Narración e Pintura “50ª Aniversario Feira do Xamón de A Cañiza”.

- Entrega de premios  aos gañadores do concurso de cortadores de xamón

- Actuación folclórica a cargo da Banda de Gaitas e Grupo de Baile Santa Cristina de Valeixe.

18:00. Pasarrúas e actuación na Praza Maior da Vila do Grupo “O Fiadeiro” de Vigo.

19:00. Espectáculo de animación infantil na Praza Maior

20:30. Espectáculo de XUSTAS E TORNEO MEDIEVAL a cargo do Grupo de Especialistas HÍPICA CELTA no recinto do Edificio Comarcal (a 200 m. da Carballeira do Cacharado).

22:30. Actuacións e espectáculos musicais ata a madrugada a cargo das orquestras CHARLESTON E XACOBEO.

 

compartir