DeportesIr a esta sección

VOLTA CICLISTA A ESPAÑA 2016

Consulta neste enlace os horarios e as estradas que permanecerán cortadas o domingo 21 de agosto de 2016 con motivo do paso da Volta Ciclista a España por esta localidade.

 

 

La Vuelta 2016 transcorre, durante a 2ª etapa, por parte deste Concello o vindeiro domingo día 21 de agosto. Por este motivo o corte das estradas e rúas estará indicado pola Garda Civil de Tráfico, e o tráfico irase normalizando segundo pase o pelotón. A duración aproximada será dende as 13.15 h a  15.30 h, tendo en conta que a caravana pasará dúas horas antes que os ciclistas.

PERCORRIDO:

Estradas e rúas afectadas e horario do paso dos ciclitas:

-        15:22 h.-       Entrada neste término municipal pola PO406

(Estrada de Filgueira)

-        15:23 h.-       Paso polo lugar de Aráns e Paredes.

-        15:24 h.-       Percorrido dentro do casco urbano pola Rúa Vilanova.

-        15:25 h.-       Desvío á esquerda no Cruce da Nacional 120

-        15:26 h.-       Paso por Leboriz, Pereiras, Aldeíña e Gundián

-        15:36 h.-       Alto de Fontefría: Premio especial 2ª Categoría

RECOMENDACIÓNS:

-        Rogamos fagan as previsións oportunas para este día e estes horarios

-        Si deben viaxar, deixen os coches fora dos garaxes,  estacionados nas rúas que non estean afectadas pola etapa

-        Especial atención aos animais domésticos xa que poden producir graves accidentes. Os propietarios deben coidar, moi especialmente, que non poidan acceder ás vías por onde discorra a carreira

compartir

Índice da sección
Ir a esta sección
axenda

Piscina municipal climatizada da Cañiza