DeportesIr a esta sección

Piscinas municipais e ximnasio

 Piscina ao aire libre das Grades que se converteu nos últimos anos nunha das mellores instalacións de verán.


Piscina Municipal Climatizada e Ximnasio Municipal. A piscina cuberta, inaugurada na primavera de 1995, está homologada pola Federación Galega de Natación ao cumprir con todos os requisitos e normativas esixidas nos reglamentos para a celebración de competicións de natación organizadas por esta Federación. O Ximnasio inaugurouse en maio de 2.011 e conta con sala de musculación, de masaxes, sala de aeróbic, de taekwondo e dúas pistas de squash

-- Piscina ao aire libre das Grades

Esta instalación que cumpriu xa máis de 4 décadas, sufriu unha transformación radical no inverno do ano 2003, data na que se acometeu a reforma máis importante dende a súa construción. Nesta remodelación mellorouse o sistema de estanqueidad, o revestimiento do interior dos vasos con mosaico vítreo, adaptándoa en todos os aspectos ao requirido pola Lei, executáronse outras obras complementarias como a mellora da estrada de acceso a esta instalación, a construción dunha pechadura de pedra e a sustitución do azulexo de toda a zona de paseo que, ademais, experimentou unha notable ampliación. Pero, sen dúbida, a gran atracción da piscina foi a instalación dunha bóla xeradora de olas artificiais, situada nunha parte debidamente acondicionada desta piscina, que converteu esta instalación acuática nunha das máis visitadas dos arredores.

Durante a primavera de 2014 executouse unha nova reforma que consistiu no cambio de toda a plaqueta da zona de paseo por material de maior antideslizamento para evitar as caidas dos máis pequenos. Tamén se derribou un dos muros de pechadura da zona alta que presentaba notables deficiencias derivadas das fortes choivas dos últimos anos e aproveitando a ocasión ampliouse a zona verde e se replantou novamente céspede, mellorándose, con esta actuación, a zona de sol da instalación.


- Piscina Municipal Climatizada e Ximnasio Municipal.

A piscina cuberta, inaugurada na primavera de 1995, está homologada pola Federación Galega de Natación ao cumprir con todos os requisitos e normativas esixidas nos reglamentos para a celebración de competicións de natación organizadas por esta Federación.

As súas instalacións atópanse situadas no complexo municipal que, ao mesmo tempo, alberga a Casa de Cultura. Ten capacidade para unhas 300 persoas aproximadamente, repartidas entre a zona de espectadores - que conta cun aforo para 200 persoas - e a zona de vestuarios e piscinas con capacidade para máis de 150 bañistas.

Esta instalación deportiva dispón de dúas cubas. O recinto da piscina olímpica, destinada a competición, cunhas medidas de 25'00 por 12'51 m. e 6 rúas e a piscina de ensino que dispón dun total de 75 metros cadrados tendo unhas dimensións de 12'50 por 6'00 m.

Anexo ao edificio da piscina atópanse as instalacións do ximnasio municipal. Ambas instalacións están comunicadas por corredores interiores. O ximnasio conta con dúas pistas de squast, sala de aerobic e sala de taekwondo na planta baixa e na planta alta a sala de musculación.

Estas instalacións completan a oferta deportiva que durante todo o ano organiza o Concello a través do seu servizo municipal de deportes.

 

Ordenanza reguladora de utilizacion das instalacións deportivas do Concello de A Cañiza.  BOP nº 92 do 14/05/2013. pax. 54 a 64 

Horario de apertura e peche das instalacións da piscina e ximnasio municipal

Regulamento de réxime interno da piscina municipal climatizada 

Normas básicas a cumprir no ximnasio municipal

Horarios de ocupación de cursos de natación e ximnasia na piscina climatizada

Horarios de ocupación de cursos no ximnasio

Ficha de inscrición de datos persoais da piscina e ximnasio municipal

Regulamentos e criterios para a asignación de reservas de espazos deportivos

Autorización para uso da sala de musculación por menores 

 

 

compartir

Índice da sección
Ir a esta sección
axenda

Piscina municipal climatizada da Cañiza