DeportesIr a esta sección

I Marcha Cicloturista do Xamón

Sábado 1 de agosto.

Subida e descenso ao Santuario de A Franqueira nunha ruta de 50 kilómetros

Saída dende a Casa do Concello ás 16:30h.

Podes inscribirte o propio día 1 de agosto pouco antes da saída.

Saída e chegada desde o Concello ( Rúa Oriente, nº 11 )

A Concellería de Deportes do Concello da Cañiza en colaboración co Concello de Crecente e veciños da Vila practicantes deste tipo de deportes, organizan por primeira vez esta Marcha Cicloturista de 50 quilómetros de percorrido co obxectivo de que os afeccionados ao ciclismo participantes poidan coñecer o porto do Paradanta na vertente de Luneda.

Non se trata dunha marcha de carácter competitivo ao non estar calendada, pero o obxectivo dos organizadores é poder darlle carácter de competición e incluíla nos calendarios si gusta a experiencia e atópanse os apoios necesarios. O coeficiente de dificultade da marcha catalogaríase como de 1ª categoría si fóra de competición.

Este ano o I Marcha Cicloturista do Xamón converterase nunha xornada de confraternidad.

Existirán 2 zonas de avituallamiento, que correrán a cargo dos participantes, nas zonas de Luneda e A Franqueira.

A saída está marcada ás 16h30 desde a Casa Consistorial na rúa Oriente, nº 11. Todas as persoas que desexen inscribirse poden facelo nas oficinas xerais do Concello ou o propio sábado, pouco antes da saída.

A chegada, ao mesmo punto de saída, está prevista para as 19h30.

Itinerario da ruta.

Saída e chegada dende a Casa Consistorial (rúa Oriente, nº 11)

compartir

Índice da sección
Ir a esta sección
axenda

Piscina municipal climatizada da Cañiza