DeportesIr a esta sección

CROSS DO XAMON 2017
CROSS DO XAMON DATA: Domingo 27 de Agosto de 2017 HORA: 10:00 ORGANIZA: Concello de A Cañiza DISTANCIAS: 14Km

 

Consultar no enlace de CRONOTEC.es a ruta, inscricións e demáis información

 

REGULAMENTO: CROSS DO XAMON  “A CAÑIZA 2017”

 
1.- A saída será as 10:00h do 27 de agosto dende a Casa Consistorial do CONCELLO DE A CAÑIZA.
 
2.- As inscricións pecharanse sen excepción ás 22:00 h. do día 23 de agosto e non se admitirán o mesmo día da carreira, agás causa xustificada.
 
3.- Poderán participar tódolos atletas que o desexen, estén federados ou non.
 
4.- A todos os participantes facilitaráselle o dorsal correspondente, debendo colocalo no seu peito para a súa identificación durante a carreira e chegada á meta.
 
5.- Tendo a inscripción feita, e notificando previamente poderase aboar a cuota de inscrición o mesmo día da proba nas inmediacións da saída.
 
6.- Ao longo do percorrido a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderán descalificar aos participantes que cometan algunha irregularidade.
 
7.- O participante asume que para tomar parte neste cross se encontre en bo estado físico e médico, sendo exclusivamente da súa responsabilidade calquera problema derivado da súa saude, aceptando as normas da organización tendo coñecemento pleno do presente regulamento.
 
8.- A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes antes, durante e despois da carreira, se ben en todo momento estará disposto un equipo de primeiros auxilios.
 
9.- Dado o carácter eminentemente popular e festivo desta carreira a organización agarda de todos os participantes o mellor espírito deportivo.
 
10.- A entidade Cronotec encargarase de cronometrar a proba.
 
11.- A clasificación será absoluta, e por categorías masculina e feminina.
 
12.- CATEGORIAS:
Junior
Senior: dende 1.981 ata 1.995
Veteráns A: dende 1.970 ata 1.980
Veteráns B: dende 1.960 ata 1.969
Veteráns C: dende 1.959 en adiante 
 
- No caso de que houbera algún/ha menor interesado en participar, poderá facelo sempre baixo a responsabilidade dos pais ou titures legais na categoría Junior.
 
13.- Haberá trofeos aos 3 primeiros da clasificación absoluta masculino e femenino, e ao primeiro de cada categoría masculina e feminina. Os premios nos son acumulativos.
 
14.- Trofeo especial ao primeiro corredor empadroado no concello de A Cañiza masculino e femenino.
 
Art. 10 A aceptación deste regulamento implica a autorización a organización da grabación total o parcial da sua participación na mesma, presta o seu consentemento para que poida ser utilizada a su imaxen na promoción e difusión da proba, de todas as formas posibles, (radio, prensa, video, foto, DVD, internet, carteles, medios de comunicación, etc.), sin dereito pola súa parte a recibir compensación económica algunha.
 
16o.- O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.
 
A Dirección
compartir

Índice da sección
Ir a esta sección
axenda

Piscina municipal climatizada da Cañiza