DeportesIr a esta sección

CICLISMO BTT

III RUTA DE BTT Bicicleta de montaña

Saída dende a Praza maior ás 09:30 horas

DOUS PERCORRIDOS OU  RUTAS ALTERNATIVAS

 

1 tramo de iniciación de 15 Km

2 Tramo de dureza media de 30 km

 

O CONCELLO DE A CAÑIZA CELEBRA O DOMINGO  23 DE AGOSTO A III RUTA DE BTT

 

Organizada polo Servizo Municipal de Deportes, a ruta conta con 36 Km de percorrido que discurren por varias localizacións do Municipio como Randufe, Ibia, Achas, Deva, Pastizal de Fontefría, Moncelos, Senande ou As Grades.

Conta tamén con dous percorridos ou rutas alternativas distribuidas nunha primeira de iniciación e unha segunda máis técnica de dureza media. A organización ten prevista dúas zonas de avituallamento con bebidas isotónicas, augas e froita. Tamén dispón dunha zona párking habilitada para os ciclistas onde ademáis poderán lavar as súas bicis na zona lavabicis do Ximnasio – piscina climatizada.

O pistoletazo de saída da proba está prevista para as 9:30 horas da mañá. A ruta está diseñada e trazada en colaboración co clube ciclista de A Cañiza.

Ata o momento contamos cun alto número de participantes procedentes das provincias de Ourense e Pontevedra.

Ao remate da proba o Concello agasallará aos participantes cunha degustación de xamón curado, asado e  sardiñas na Carballeira do Cacharado.

O Concello desexa agradecer a colaboración dos establecementos Frutas Carlos, Piri-Piri e Augas de Mondariz polos seus donativos.

 

compartir

Índice da sección
Ir a esta sección
axenda

Piscina municipal climatizada da Cañiza