DeportesIr a esta sección

CARNET DE DEPORTISTA CAÑICENSE

Este carnet nace co obxectivo de facilitar a preparación física a todos os deportistas federados do Municipio, os cales están representando ao noso pobo cada fin de semana en todo tipo de competicións, xa sexan individuais ou por equipos, facendo promoción de A Cañiza.

 

 

O Alcalde Miguel Domínguez e Rubén Fernández Reinaldo presentaron o carnet de deportista nas instalacións do ximnasio e piscina climatizada o 2 de outubro de 2015.

Con este carnet preténdese igualmente premiar o esforzo dos Clubs e deportistas federados ao ter que pagar unha licenza ás súas respectivas federacións. Ao estar en disposición do Carnet de Deportista Cañicense afórranse as taxas de ximnasio e piscina municipal que utilizan asiduamente para completar a súa preparación.

A posesión desta acreditación dá dereito de poder utilizar as instalacións do complexo deportivo de A Cañiza que inclúe a piscina climatizada e ximnasio. Ademais teñen garantida a entrada gratuita aos partidos do CF Cañiza e do Club Balonmán Cañiza.

Os requisitos esixidos para para obter o carnet son estar empadronados en A Cañiza e ter licenza federativa ademais de ser maior de 16 anos.

Para poder solicitalo, os interesados deben presentar na oficina do centro deportivo, certificado de empadroamento, copia da licenza federativa e fotocopia do DNI. Unha vez examinada a documentación en vigor se expedirá un carnet acreditativo para poder acceder gratuitamente ás instalacións.

compartir

Índice da sección
Ir a esta sección
axenda

Piscina municipal climatizada da Cañiza