DeportesIr a esta sección

A Cañiza celebra do 28 ao 30 de xullo de 2017 un dos clásicos do verán deportivo na comarca: o 24 horas Fútbol Sala.

Durante estas 24 horas deportivas disputaranse máis de 46 partidos ata chegar á final que terá lugar o domingo 30 de xullo  ás 21h00.

Un dos atractivos do campionato é a súa dotación económica que ascende a un total de 3450 €uros máis trofeos.

Non te perdas esta cita co deporte !!!!.

Durante este fin de semana A Cañiza celebra a XXVII edición do Maratón de Futbol -Sala "Concello da Cañiza", coñecido como Campionato 24 HORAS que por méritos propios xa é un clásico na comarca do Paradanta e a súa área de influencia. Nesta edición conseguiuse a inscrición de 24 equipos participantes.
 
Un dos atractivos do campionato é a súa dotación económica que ascende a un total de 3450 €uros máis trofeos, repartidos en 4 premios de 1800 € para o equipo gañador, 900 € para o 2º clasificado e 300 € para os equipos que consigan o 3º e 4º posto respectivamente. Ademais os equipos que resulten eliminados na primeira fase terán a posibilidade de xogar un torneo paralelo ou "Fase B", cuxa primeira clasificación está premiada con 150 euros e un xamón de A Cañiza e o segundo posto con outro exquisito xamón.
 
 
O pasado 21 de xullo celebrouse no pavillón de A Cañiza o sorteo para determinar a participación dos 24 equipos e designar os horarios dos encontros así como a composición dos grupos dos cales os dous primeiros clasificados pasarán a oitavos de final e os eliminados á Fase B. 
 
Durante estas 24 horas deportivas disputaranse máis de 46 partidos ata chegar á final que terá lugar o día 30, domingo, ás nove da noite. Ao finalizar este encontro procederase a clausura e entrega de premios. 
 
"No ano 1990 celebrouse a primeira edición como unha proba deportiva na que se puntuaba a destreza e rapidez dos xogadores, a coordinación do equipo e as estratexias de xogo. Ao mesmo tempo, a organización tentaba que esa convocatoria se convertese na plataforma ideal para dar a coñecer A Cañiza na época estival, estación perfecta para gozar das súas instalacións turísticas, da súa gastronomía así como da programación cultural e lúdica".
 
Hoxe en día xa é un referente deportivo na Comarca.
 

 

compartir

Índice da sección
Ir a esta sección
axenda

Piscina municipal climatizada da Cañiza