CulturaIr a esta sección

TEATRO PARA ADULTOS

Todos os venres de 21h30 a 22h45 no Auditorio da Casa de Cultura de A Cañiza

Para inscrición ou ampliar información podes chamar ao teléfono 986 66 30 69 da Biblioteca Municipal ou á Casa de Cultura 986 65 21 32

 

 

Este proxecto pretende achegar o xogo teatral a persoas de todas as idades. A base aséntase nun progresivo descubrimento e toma de conciencia de elementos e realidades que sempre estiveron aí. Estes elementos atópanse latentes, adormecidos, e o noso traballo é espertalos, coñecelos, interaccionar con eles mediante xogos e exercicios e por último modelalos, transformalos e servirnos deles para a creación dun espectáculo. É, en definitiva, unha viaxe por nós propios e polo que nos rodea.

 

Un dos logros máis importantes do teatro é a súa capacidade para fomentar unha maior seguridade e confianza nas persoas e un maior interese polas artes escénicas e outras manifestacións artísticas, xa que o teatro rompe as barreiras sociais e persoais que imos construíndo, ampliando a nosa predisposición para percibir, escoitar e sentir. O teatro é, ademais, un medio moi importante de comunicación e socialización, e nós con esta proposta pretendemos reflectir este principio, converténdoa nun lugar de intercambio entre as persoas implicadas e nun espazo de expresión e interacción coa comunidade da que forma parte.



 

TEATRO PARA MOZ@S:

Horario clases Casa Cultura:

.Grupo da ISO : DE 19.15 A 21.15 H.

.Grupo Adultos: DE 21.30 A 22.45 H.

compartir