CulturaIr a esta sección

MUSEO DIEGO DE GIRÁLDEZ

O prestixioso pintor Diego de Giráldez, natural e veciño da Vila, abriu a súa Casa Museo no ano 2007
O Museo preside a Praza Maior da Cañiza e pódese visitar durante todo o ano pero sempre con cita previa
Para concertar unha visita poden chamar ao número 986 128 744

O pintor resérvase o dereito de concertar as citas atendendo á súa disponibilidade
Durante os meses de xullo e agosto adoita abrir todos os domingos pola tarde

Esta edificación, de máis de 1.000 m2 e cinco plantas de altura, está situada en pleno casco urbano e preside a Praza Maior da Vila, aínda que ten a súa entrada pola rúa Botica. Para os cañicenses é coñecida como o antigo cuartel da Garda Civil da Cañiza, xa que durante moitos anos e ata fai tan só dúas décadas albergaba as oficinas e vivendas da benemérita na localidade.

Ao longo de 1.500 metros lineais de exposición, os visitantes poderán contemplar, coñecer e admirar a prolífica obra deste pintor de renome, creador do realismo NAS, acepción coa que se coñece a súa pintura e que por méritos propios e polas súas excepcionais calidades alcanzou fai xa anos un posto significativo dentro da pintura contemporánea española.

Diego de Giráldez está considerado polos expertos como un inimitable retratista da natureza, capaz de ofrecer a realidade do cotián con total sencillez, escapando da profusión e o adorno, recorrendo aos mínimos elementos plásticos e aportando ás súas obras unha clara visión do mundo natural.

As súas obras sempre impregnan no observador un deixe de desconcerto e provocación. A súa pintura nunca pasa desapercibida porque está salpicada de innumerables e en ocasións mínimos detalles e esencias que o ollo humano vese obrigado a descifrar e comprender.

Por iso os críticos e expertos que estudaron a fondo a súa obra, unha obra que comezou xa no ano 1.975, acertan ao dicir que as creacións de Diego de Giráldez non pasan desapercibidas: impactan, sorprenden e enganchan.

 

Coñece a Diego de Giráldez. Entra no seu blogspot

compartir