CulturaIr a esta sección

INVENTARIO DE CENTROS CULTURAIS

Todas as parroquias do Municipio contan cun centro no que se desenvolven diferentes actividades culturais e sociais.

Son equipamentos de uso comunitario, de titularidade municipal, onde se organizan actividades co obxectivo de fomentar a convivencia entre os veciños a través de programas de ocio e de recreo e impulsar a súa participación nestes espazos.

Están abertos a todos o veciños das parroquias de A Cañiza.

Concibidos para o uso e aproveitamento comunitario, A Cañiza conta con 11 centros ademais da Casa de Cultura da Vila e o Centro Social de Día de A Cañiza.

Centros socio - culturais

 

Casa de Cultura de A Cañiza

Rúa Progreso, s/n
36880 A Cañiza (Pontevedra)
Tel.: 986 652 132
E-mail: cultura@caniza.org
Horario: De luns a venres de 16:00 a 21:00 horas

Fin de semana: consultar
 

Inaugurada en maio do ano 1.995, a Casa de Cultura de A Cañiza converteuse no escenario e centro de case que todos os actos e actividades culturais e sociais que se desenvolven na Vila. Esta instalación, situada nas inmediacións da estrada N-120 Vigo – Logroño, é parte integrante do Complexo Municipal que acolle tamén a piscina climatizada e máis o Ximnasio.

Cun deseño arquitectónico de corte moderno e funcional, dispón de planta baixa e piso superior. Na planta baixa conta cun auditorio polivalente con capacidade para 200 persoas no que se celebran multitude de actuacións  e se organizan congresos e festivais. Ademais este Auditorio é solicitado polas Comunidades de Montes Veciñais e Asociacións de Caza para celebrar asambleas.

Na planta alta, o centro conta con numerosas salas onde se imparten máis dunha ducia de cursos semanais, sobre todo de informática, inglés, manualidades, música, baile e teatro. Durante toda a semana as asociacións e agrupacións que teñen a súa sede nestas instalacións, ensaian e asisten ás clases programadas. Neste andar tamén está ubicado o aula de novas tecnoloxías CEMIT de A Cañiza e ademáis  ten a súa sede a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX de A Cañiza ) e a  Escola de Música Moderna de A Cañiza.

Sen moverse desta planta accedese a outra zona que, xunto co auditorio, son as máis frecuentadas polos visitantes: a sala dedicada a exposicións. Esta parte do edificio conta con 50 metros lineais de exposición cunha altura máxima de 3 metros. Ademais, conta cun almacén de 16 metros cadrados e climatización a base de calefactores. En canto ao tipo de iluminación dispón de focalización dirixible e abundante luz natural procedente das fiestras corridas da fachada. Esta zona de exposicións convértese nunha improvisada sala de baile para os mais cativos nas festas de Nadal e de Antroido.

 

Centro Social de Día de A Cañiza

Praza de Oriente
36880 A Cañiza (Pontevedra)
Tel.: 986 652 183 – Fax: 986 651 190
Horario: De luns a sábados de 10:00 horas a 21:00 horas

Domingos e festivos: de 13:00 horas a 21:00 horas

Inaugurouse a finais do mes de decembro do ano 1.999. Sitúase na primeira planta do antigo edificio da Praza de Abastos, actualmente remodelado. Aínda que se conserva unha grande parte da súa estructura, sufriu cambios considerables para poder adaptalo ás novas dependencias que acolle.  Conta cunha espaciosa sala de mais de 200 m2 destinada a usos múltiples con capacidade para representar obras teatrais, conferencias, coloquios e bailes. Conta asemade cunha cafetería. Dispón dunha sala privada cunha pequena biblioteca e unha sala de televisión para os usuarios que desexen facer uso deste servizo nun ambiente de maior tranquilidade. O centro tamén está dotado cunha aula preparada e pensada para impartir clases e desenvolver cursiños de manualidades e talleres de creación. O edificio está adaptado na súa totalidade para persoas con discapacidade ( dispón dun moderno ascensor de 6 prazas e pola rúa Travesía do Mercado non existen barreiras arquitectónicas para facilitar o acceso a todas as persoas).


 

Centros socio culturais nas parroquias de A Cañiza

Todas as parroquias do Municipio contan cun centro no que se desenvolven diferentes actividades culturais e sociais. Son equipamentos de uso comunitario, de titularidade municipal, onde se organizan actividades co obxectivo de fomentar a convivencia entre os veciños a través de programas de ocio e de recreo e impulsar a súa participación nestes espacios. Están abertos a todos o veciños das parroquias de A Cañiza.

Concibidos para o uso e aproveitamento comunitario, A Cañiza conta con 11 centros ademais da Casa de Cultura da Vila e o Centro Social de Día de A Cañiza.

 

Centro social “Cotosobreiro” da parroquia de Achas:

Centro Social “O Pateiro” da parroquia de Oroso

Centro Social “A Corredoira” da parroquia de O Couto

Centro Social de  Petan. Lugar Igrexa

Centro social de  Deva, na parroquia de Petán

Centro social “O Feirón” na parroquia de Parada

Centro Social de Folgoso, na parroquia de Parada

Centro social Antigas Escolas Unitarias da Miñoteira na parroquia de Valeixe

Centro social de Pintelos – Foxo, na parroquia de Valeixe de titularidade veciñal.

Centro social de Cebreiro na parroquia de A  Franqueira

Centro social de Luneda
compartir